O selo OBenComún edita "Ecoloxía Política. Olladas desde Galicia"

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

Portada libro

OBenComún ( selo editorial de Espazo Ecosocialista)  ven de editar o seu terceiro libro

Nesta ocasión sobre ecoloxía política con 17 autores/as dos máis destacados na súa especialidade

Ecoloxía Política. Olladas desde Galicia. A sociedade humana na súa configuración actual depende, alén dos alimentos, fundamentalmente da enerxía fósil e dos recursos minerais non enerxéticos. Ámbalas dúas están entrando en fase de esgotamento. A Axencia Internacional da Enerxía sinalou o ano 2006 como o ano de superación do pico do petróleo convencional. A partir dese momento iníciase unha curva descendente na capacidade de extracción, que se pretende substituír con petróleo de fontes non convencionais como as areas bituminosas ou derivados froito do fracking.

Outros investigadores sinalan o ano 2050 como a data na que a demanda de minerais como ouro, prata, chumbo, cinc, cobre ou níquel, será superior ás reservas totais dos mesmos.

Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise que vive o capitalismo globalizado, o proceso de esgotamento dos recursos minerais e enerxéticos tradicionais, a progresiva degradación ambiental e as desigualdades locais e mundiais configuran un panorama crítico diante do que semella que non temos máis que dúas respostas. A primeira resúmese nunha fuxida cega cara a diante, pechando os ollos á realidade. A segunda, unhas infundadas esperanzas nunhas supostas tecnoloxías que virán resolver os problemas, é dicir, o tecno-optimismo. Case que unha relixión na actualidade.

 

Prologo e Coordinación edición:  Xan Duro e Xoán Hermida González

Titulos e autore(a)s:

Galiza: calamidade e oportunidade.- Ramón Fernández, Carolina Jack, Jose Manuel Sánchez e Xiao Varela

A necesidade dun novo modelo enerxético para Galiza.- Xoán R. Doldán García

Soberanía alimentaria.- Isabel Vilalba

Galicia perante o cambio climático.- Xosé Veiras

Transporte e mobilidade: sen relocalización non hai solución.- Xan Duro

Facer política desde a bolsa do lixo. Cando ti cambias, todo cambia.- María Durán Beloso

Bases para unha actividade pesqueira sustentable.- Antonio García Allut

Montes, fragas, lumes… outra política forestal é posible.- Xosé Santos Otero

A Administración pública como un consumidor responsable.- Fernanda Couñago Otero

Dez reflexións sobre a educación ambiental en Galicia: ollando máis alá da crise.- Pablo Ángel Meira Cartea

Cultura, cultura de paz, sostible e xusta.- Manuel Dios Diz

Acción Social e loita contra a pobreza en Galicia.- Pepa Vázquez Martínez

Trinta anos de solidariedade galega. Ollando o pasado e o futuro.- Emilio Manuel Martínez Rivas

Economía, medio ambiente e recursos naturais.- María Xosé Vázquez Rodríguez

 

Calendario de presentacións:                                                                                                         Compostela. Libraría Couceiro. Mércores 4 de marzo ás 20,00 horas

A Coruña. Casa da Fariña. Sábado 7 de marzo ás 12,00 horas.

Pontevedra.  Libraría Cronopios. Xoves 12 de marzo ás 20,00 horas.

Vigo. De catro a catro. Mércores 18 de marzo ás 20:00 horas

Ourense. El Cercano. Xoves 26 de marzo ás 20,00 horas.

Lugo. O Carneiro Alado. Venres 27 de marzo ás 20,00 horas.

Ribadeo. A Casa das Letras Sábado 28 de marzo ás 19,00 horas.

Ferrol. Libraría Nobel.  Xoves 16 de abril ás 20,00 horas.

Ames. Venres 24 de abril ás 20,00 horas.

 

(sitios de venda: Couceiro en Compostela, Tanco en Ourense, Cronopios en Pontevedra, O Carneiro Alado en Lugo, A Casa das Letras en Ribadeo)

 

Logo ObenComun Cor FB

 Editorial: Obencomún
Impresión: SacaUntos
Composición: dseña.com
DL: .C237-2015
ISBN: 978-74-606-5931-0
Prezo: 15 €

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

Twitter

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Quéresnos comentar algo?

Correo-e
Asunto
Mensaxe
Ant-Spam.Cantas pernas ten un can?

Queres recibir o noso Boletín Informativo?