Espazo Ecosocialista aposta por seguir afondando no camiño da unidade cooperativa e participada que abriron as Mareas

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

A formación ecosocialista abre un período de reflexión sobre o novo tempo político que culminará nunha asemblea extraordinaria en setembro

O Equipo Coordinador (Permanente) de Espazo Ecosocialista reuniuse hoxe sábado 30 en Ames para facer un primeira valoración a propósito do novo tempo político aberto tralas eleccións municipais do pasado 24.

Durante os últimos tres meses a actividade política de Espazo Ecosocialista estivo, por decisión colectiva, paralizada. O partido asumira mergullarse en candidaturas de unidade popular e participar de xeito individual como cidadáns e ser exemplarizantes en evitar calquera indicio de instrumentalización partidaria. Membros de Espazo participaron en 17 candidaturas ao longo do país, nalgunhas delas como candidatos e candidatas xa electas e noutras xogando un papel importante na súa vertebración.

Nalgunhas con grande éxito como Compostela Aberta ou Marea Atlántica ou menor medida pero igual de importantes como Ames Novo ou Iniciativa Cidadá de Mugardos; noutras con un éxito máis relativo como Marea Pontevedra, Lugo Novo, Ourense en Común, Marea Vigo, Betanzos Novo, Sada Maioría ou Somos Fene. Espazo tamén deu apoio as candidaturas de AER de Redondela, Marea Marín, Esperta Monforte ou Somos Cambados con resultado electoral importante, ou Marea Ártabra ou Ribadeo en Común que ao final non tiveron o resultado esperado.

O Equipo Coordinador de Espazo Ecosocialista quere trasladar aos seus activistas os parabéns polo éxito político das mesmas.

A terceira foi posible

Para o Equipo Coordinador de Espazo Ecosocialista por fin foi posible concretar a política que os ecosocialistas levamos defendendo desde o noso nacemento hai catro anos.

O éxito das Mareas son o éxito da unidade desde a esquerda pero tamén unha forma de entender a política de xeito cooperativo e participado pola cidadanía.

Para Espazo Ecosocialista as municipais do pasado 24 de maio pechan o ciclo de empoderamento democrático e cívico iniciado tras o 15M de hai catro anos e resolven dúas carencias que o proceso tivo nas súas dúas construcións anteriores: no proceso do NPC, iniciado trala ruptura do BNG en Amio, que quedou limitado ao campo do nacionalismo e o proxecto de AGE, que a pesar da súa transversalidade política, foi incapaz de darlle a participación á cidadanía sen militancia partidaria.

O éxito maior ou menor das Mareas ten moito que ver coa amplitude e coa propia construción das mesmas en cada sitio pero existe unha corrente xeral de avance e hai un dato central cara a posibles novas alianzas cívicas e políticas cara aos procesos futuros (xerais e autonómicas): a experiencia de radicalidade democrática das mareas xa son patrimonio das xentes e como tal son propiedade colectiva da cidadanía. A partir de agora ademais dos partidos preexistentes, as Mareas convertense, por dereito propio, en instrumentos políticos para a intervención social e institucional.

Proceso de reflexión e renovación

Espazo Ecosocialista sae deste proceso querendo ser útil no novo ciclo político que se abre a partir das municipais, tendo en conta que non naceu para ser un partido clásico nin un aparato de poder, senón   un instrumento cidadá da esquerda verde con formato legal de partido.

E por iso que acorda abrir un período de reflexión que culminará nunha asemblea extraordinaria en setembro e tamén un proceso de renovación e trasladará ao Consello Aberto que celebrará o próximo sábado 20 de xuño unha proposta de renovación da súa dirección permanente, incluído a responsabilidade do Coordinador Nacional que ata agora ostentaba Xoán Hermida.

Tratase de facer un Equipo Coordinador na liña de abordar as novas tarefas políticas, orgánicas e propositivas nun tempo de cambio democrático, nun tempo propiedade da cidadanía.

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

Twitter

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Quéresnos comentar algo?

Correo-e
Asunto
Mensaxe
Ant-Spam.Cantas pernas ten un can?

Queres recibir o noso Boletín Informativo?