ESPAZO abre unha nova etapa, fuxindo do formato de partido tradicional, e valorando positivamente o preacordo presentado por Anova, EU e Podemos

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

III AsembleaA III Asemblea Nacional [Extraordinaria] de Espazo (anteriormente Espazo Ecosocialista Galego) abordou este sábado 3 de outubro en Ames o análise sobre o novo tempo político aberto tras as municipais tanto no referido á construción da cooperación democrática como na do papel do propio ESPAZO.

No documento político aprobado por unha ampla maioría do medio centenar de asistentes acordouse reforzar ESPAZO como un instrumento político alonxado de un partido tradicional e pensado en clave de Colectivo de Intervención Política centrado no campo das ideas e das novas axendas e no acompañamento de activistas.

A Asemblea de ESPAZO abordou o relativo á construción do bloque político-social de cambio. Para ESPAZO son tres os piares para conformar esa cooperación democrática e cívica: os partidos políticos de ruptura, as mareas municipalistas e os movementos sociais.

 

Nese senso ESPAZO valorou positivamente o preacordo acadado por Anova, Esquerda Unida e Podemos para construír unha candidatura de unidade popular para as próximas eleccións xerais.

Para ESPAZO agora toca ás mareas municipalistas traballar na coordinación das mesmas e na elaboración dunha folla de ruta propia que sexa compatible coa acordada polos partidos. Tamén entende que Marea.gal debe incorporarse a dito proxecto que será necesariamente compartido e participativo.

ESPAZO tamén acordou como outra liña de traballo, xunto co avance do proxecto de confluencia democrática, a necesidade de seguir avanzando na reconstrución dun instrumento da esquerda renovadora galega, polo que manterá contactos e iniciativas con outras forzas para avanzar nese terreo.

Por último a Asemblea de ESPAZO elixiu o seu Consello Dinamizador que estará conformado por 5 mulleres e 5 homes e encabezado por Manel Cardoso como novo coordinador.

Un traballo fundamental no novo tempo vai ser a análise e elaboración de ideas, para isto relanzarase o Foro OBenComún, que estará dirixido por Xoán Hermida e que contara co histórico socialista e republicano, Carlos Etcheverría, como presidente de honra.

 

Ver aqui pdfDocumento Político III Asemblea ESPAZO

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

Twitter

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Quéresnos comentar algo?

Correo-e
Asunto
Mensaxe
Ant-Spam.Cantas pernas ten un can?

Queres recibir o noso Boletín Informativo?