ESPAZO considera necesaria a participación real no proceso de converxencia para non repetir as eivas de AGE

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

Grupo DinamizadorO Colectivo de Intervención Política ESPAZO (antes Espazo Ecosocialista Galego) reuniu hoxe por vez primeira o seu Consello Dinamizador, elixido na III Asemblea Nacional, celebrada o pasado día 3 en Ames.

A xuntanza serviu para deseñar a nova folla de ruta desta cooperativa política de esquerdas e definir polo concreto as novas tarefas prioritarias para esta formación política.

Especial atención prestóuselle aos procesos de converxencia democrática que se están a dar no campo da esquerda e das mareas cidadáns.

Ate hai uns anos a participación política so era posible no marco dos partidos políticos, o novo tempo político aberto polo 15M deixou en evidencia as carencias dun modelo democrático insuficiente e situou a demanda da repolitización da sociedade desde un perspectiva de participación máis directa.

As Mareas e as candidaturas cidadanistas teñen sido a expresión máis clara desta nova forma de interpretar a política.

ESPAZO é fillo deste novo tempo. Naceu como un partido, a raíz da Iniciativa Ben Común, para ser un instrumento cooperativo e non competitivo con tres obxectivos claros: incorporar á axenda política galega as propostas presentes na esquerda renovadora europea e mundial, reconstruír as pontes de confianzas entre a esquerda política e a social, e favorecer políticas de converxencia entre a esquerda.

A III Asemblea ven de dar un paso máis aló, ao transformarse de partido a Colectivo de Intervención Política, ESPAZO anuncia que renuncia a cupos ou negociacións interesadas; o único formato posible de participación electoral é o das candidaturas unitarias (renuncia de facto a presentarse ás mesmas só ou en formato de coalición partidaria).

O Consello Dinamizador de ESPAZO analizou a da nova situación política aberta tras as municipais e valorar os pasos dados no proceso de converxencia cara as eleccións xerais.

ESPAZO, parte para elo da autoridade que lle outorga ter realizado unha aposta clara, leal e decidida por AGE e AGEe nas autonómicas e europeas, mesmo renunciando as súas siglas ou aos postos de saída nas candidaturas, ou a decisión política adoptada en todo o proceso das municipais, desactivando a organización e diluíndose nas mareas cidadáns ou municipalistas, aceptando os seus acordos e as súas decisións con todas as consecuencias, en coherencia co noso ADN sustentado na radicalidade democrática como principio ético. Por iso ESPAZO é unha organización sen representación institucional, pois aínda que hai membros exercendo como concelleiros en distintos concellos, non son nosos senón das Mareas Municipalistas ás que deben total obediencia.

ESPAZO saúda positivamente o preacordo en Galicia dos partidos Anova, EU e Podemos; tal como aprobou a III Asemblea de ESPAZO; no desexo de que prevaleza, desembocando nun acordo aberto e participado por máis expresións políticas.

Trátase de configurar unha Candidatura Democrática e Cidadán en Galicia para as vindeiras eleccións xerais, no marco do proceso de construción dun bloque político-social de cambio, que ten que sustentarse en tres piares: partidos da ruptura democrática, mareas municipalistas lexitimadas nas urnas, e movementos sociais.

ESPAZO considera que as Mareas Municipalistas, teñen que tomar a iniciativa e demostrar a autonomía que se lles supón, elaborando unha folla de ruta propia complementaria coas dos partidos. De igual modo, iniciativas como Marea.gal deben ser centrais na canalización cidadán.

Construír un relato de cambio, que enlace co 15M, obriga ás mareas municipalistas a apropiarse do proceso, asegurando que o seu papel sexa central, pois son as que poden introducir elementos de participación na alianza e evitar así as eivas que no seu día amosou AGE.

O Consello Dinamizador abordou a distribución sectorial, sobre o que vai pivotar a organización nesta nova etapa, creando as seguintes areas:

-       Area de participación cidadán (mareas municipalistas)

-       Area de democracia radical

-       Area de xustiza social (RBU)

-       Area de liberdades públicas

-       Area de ecofeminismo

-       Area de xustiza ambiental

-       Area de multiculturalidade

-       Area de bo vivir

Ademais reconfigurou os espazos territoriais, encargados de concretar na acción política a elaboración que desde as areas se efectúen:

-       A Coruña (As Mariñas)

-       Ferrolterra

-       Compostela

-       Lugo

-       A Mariña (Ribadeo)

-       Ourense

-       Pontevedra (Arousa)

-       Vigo (Morrazo)

Por último o Consello Dinamizador estudou as liñas de traballo de Foro OBenComún tanto na súa vertente editorial como de preparación de xornadas temáticas.

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?