Quen somos

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

quen somos

Un grupo de cidadáns e cidadás, poñemos en marcha un espazo que abra un proceso aberto para a constitución dun novo instrumento político cara a unha nova etapa, conscientes de que o país necesita novas ferramentas de intervención política e de intermediación cunha sociedade cada vez máis afastada dos instrumentos que ata agora e durante unha etapa exerceron a súa representación.

Lamentamos que diante dunha situación tan complexa para o país e para a cidadanía non se avanzase en procesos de converxencia fronte á dereita: exemplo disto foi a falla de receptividade co que foi acollida polos partidos a proposta da candidatura cívica ao senado feita por ICB, con outros colectivos e persoas.

Xa hai tempo que moitas persoas nos sentimos orfas de forzas políticas que representen minimamente a nosa forma de pensar e de entender o mundo e Galicia. Hai uns meses, ao calor do 15-M, a iniciativa BenComún alertou da situación de desafección estendida na sociedade cara á esquerda e o nacionalismo en particular. A iniciativa desenvolveu un traballo interesante, aínda limitado, no campo da converxencia e renovación partidaria e da coordinación dos movementos sociais. Un traballo importante que de certo fai falla continuar.

Non obstante, as cidadás e os cidadáns seguimos necesitados de interfaces que nos representen. Desafortunadamente, os actualmente existentes non entenderon o que esta a ocorrer nas prazas e na rúa, están ensimesmados nas súas dinámicas endogámicas, dimitiron das súas tarefas de oposición e, o que é máis grave, non son quen a vertebrar unha alternativa crible.

Atopámonos nunha situación de bloqueo que está a impedir que xurdan novos proxectos ilusionantes e atractivos e que posteriormente poidan converxer con outros grupos xa existentes ou por crear, colaborando no plano electoral, ben sexa en forma de coalicións ou en proxectos de carácter máis estratéxico.

O xurdimento dunha forza nova non só introduciría a Galicia no marco global de correntes políticas modernas, como o ecosocialismo, senón que tería un efecto moi positivo na renovación e converxencia coas forzas xa existentes ou que xurdan destas.

Somos conscientes de que hai moita xente de esquerdas desorientada e/ou desalentada con respecto ás actuais formacións políticas pero que aínda confían na reacción interna ou en posibles procesos de refundación. Respectamos e valoramos estas actitudes e estaremos atentos ao que se poida mover nas actuais estruturas partidarias pero non queremos, porque coidamos que non debemos, agardar máis.

Non quixemos legalizar outro partido máis, senón iniciar un proceso aberto, onde podermos ir sumando esforzos individuais e colectivos de converxencia na construción dunha nova ferramenta para este inicio do século XXI convulso e inzado de incertezas, complexo e imprevisible, pero que non afoga a nosa esperanza no futuro.

Iniciamos un proceso aberto ás persoas e colectivos que se queiran sumar. Un proceso que debera culminar nun primeira fase no congreso constituínte dunha nova forza galeguista ecosocialista na primavera do 2012 e posteriormente nunha grande alianza nacional de progreso que dispute a hexemonía a unha dereita con agresivas intencións de recentralización do Estado, restrición dos dereitos e liberdades e liquidación das conquistas sociais e do estado de benestar.

Promotores/as

Carmen Álvarez Domínguez, activista cultural de Soutomaior; Víctor Barro Casal, militante ecoloxista de Ourense, foi coordinador de Amigos da Terra-Galicia; Daniel Beiras García-Sabell, arquitecto e urbanista de A Coruña;  Xurxo Bértola Rodríguez,  editorialista de Teo;  Maria Xesús Bóo Feijóo, militante ecopacifista de Ames;  Lino Braxe Mandiá, actor e director teatral, xornalista e escritor de A Coruña; Marilo Candedo Gunturiz, profesora de Pedagoxía Social na Facultade de Ciencias da Educación da UDC e presidenta de Nova Escola Galega;Carmen Carballo Pérez, xornalista, fundadora do SOG, foi directora do Club Internacional de Prensa ( desde o que impulsou o evento “pobre mundo rico"); Manel Cardoso Santiago,Coordinador de Medioambiente en Navantia-Fene, exmembro do Consello de Administración da antigua Astano pola parte sindical;Antón Costa Rico, pedagogo en Vigo, impulsor da Nova Escola Galega; Jose Julio Des Diz, oftalmologo, impulsor da Plataforma en defensa da sanidade pública de Monforte de Lemos; Manuel Dios Diz, mestre en Santiago, presidente e fundador do Seminario Galego de Educación para a Paz, tivo un papel relevante nas orixes e desenvolvemento do sindicalismo nacionalista galego nos '70 e ´80 nas executivas da CXTG e da CIG; Xan Duro Fernández, documentalista, foi presidente de ADEGA (2002-2005) e Coordinador Xeral de Verdegaia (2006 - 2011) é un activo impulsor da bicicleta en Galicia; Xacobe Abel Fernández, Psicólogo e activista social en grupos como ESF; Maite García Portabales, activista social en Arousa e participante do 15M de Vilagarcía; Xoán Hermida González, licenciado en Historia Contemporánea pola USC, foi secretario de Organización de Esquerda de Galicia e coordinador do Grupo Parlamentar Mixto entre 1997 e 1999, foi director da ONG AMARANTE desde outubro de 1999 a outubro de 2007; Iago Hermo Martinez, Pianista, Rianxo; Maika López del Prado, activista feminista e de movementos solidariedade en Ribadeo, impulsora do 15-M de A Mariña; Geli Rodiño Medrano, traballadora social e membro da directiva do colexio oficial de TS de Galicia; Ivan Rodriguez Lombardeo, técnico en sustentabilidade no concello de Ribadeo;  Ricardo Saavedra Castro, graduado en Relacións Laborais na Universidade da Coruña, militou no PNG-PG dentro do BNG, e nas últimas eleccións xerais foi candidato ao senado por Equo na Coruña;  Xosé Santos Otero, traballador forestal en Ourense, foi responsable de medio ambiente de CCOO de Galicia; Carolina Silva Méndez, filóloga e activista social de A Coruña; Hector Silveiro Fernández, filólogo, impulsor da escola de Gaitas do Vilafranca do Bierzo e do galego no Bierzo;Diego Taboada Varela, sociólogo, xornalista "free lance" e escritor, a día de hoxe, colabora en "Literatura en Obras" e "Praza Pública", traballou no departamento de comunicación e información do PSG-PSOE; Celtia Traviesas Méndez, Ribadeo, press agent; Xulio Tenreiro Salgado, dirixente de EG en Pontedeume na decada dos 90 e impulsor de ADEGA no Eume.

 
Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?