Análise de urxencia 20N

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

Os resultados do 20N certifican o peche dun ciclo onde o PSOE (e en Galicia o PSdG) desmoroase abandoado por un electorado que nun tempo apoiounos polo seu programa reformista e que nos últimos dous anos observan atónitos como aplican políticas ao ditado das grandes corporacións e a banca privada.

Ademais en Galicia deixan unha nova caída lenta pero inexorable do BNG. A pesar de esa caída que se conta en miles de votantes o feito de que conserve os seus 2 deputados van a impedir a renovación interna e sitúan a asemblea de xaneiro nas mellores condicións para que a UPG renove a súa hexemonía.

Por outra banda os mais de 50.000 votos nulos+brancos e a suba de EU amosan un corremento no votante de esquerdas desafectado co actual nacionalismo.

Os 10.000 votos de Equo contrastan cos pouco máis de 1.000 de Converxencia XXI e apuntan que existe unha corrente que se sitúa máis no ecosocialismo que no liberalismo.

E ollo que as dúas únicas forzas da esquerda e/ou nacionalistas que retroceden son ERC e o BNG. E ambas teñen en común quedarse sen senadores nunha cámara onde a desafección xeral coa política se dispara cun número de votos nulos e brancos que superan os 2.000.000, case un 10% do total.

ERC desmarcouse da entesa ao senado e queda sen senadores a diferenza do PSC ( 5 ) e de ICV ( 2 ) , aquí o BNG desestimou a proposta unitaria feita por BenComún e tamén se queda sen a representación que lle quedaba nesa cámara (por designación autonómica). E ademais grazas á entesa entre PSC-ICV Catalunya é a única comunidade onde o PP non saca senadores. A ter en conta.

Agora so se trata de abrir un proceso aberto a persoas e colectivos para construír o proxecto galeguista do século XXI: o ecogaleguismo.

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?