Convidamoste a participar no Espazo Ecogaleguista

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

Un grupo de persoas estamos a impulsar un proceso aberto que culmine na construción dunha nova ferramenta política necesaria para os novos tempos que vivimos.

Quizais esta necesidade sexa xa unha demanda para moitos e moitas desde fai algún tempo pero o 15-M ten creado un antes e un despois que non podemos arranxar mirando para outro lado ou insistindo en vías mortas.

Queremos construír un proxecto para multiplicar non para dividir,  pero somos conscientes que ou se aborda unha renovación de ideas e sobre todo de métodos e estilos ou a unidade soamente se converte en falta de diversidade, e o noso país esta necesitado de pluralidade que libere enerxías hoxe ‘cautivas’ ou desalentadas co panorama político, social e cultural actual.

Apostamos por  un proceso aberto e dinámico -‘espazo ecogaleguista’-, non pechado nun acto puntual e polo tanto ao que se poidan sumar persoas en calquera momento.
 

Temos pensado facer a presentación do ‘espazo ecogaleguista’ o próximo sábado 25 de febreiro intentando distancialo dos procesos asemblearios e congresuais das forzas da esquerda galega hoxe existente.

Despois abordariamos unha xornada temática de in-formación para definir as prioridades programáticas e sociais para  o futuro, rematando o proceso cara a primavera.

Axuntámosche o manifesto-decálogo que vai guiar a nosa andadura.

Se despois de lelo te ves reflectido nel, animámoste a que te sumes ben como participante da ‘comunidade’ do espazo, ben aparecendo publicamente como membro promotor/a.

En calquera dos dous casos pasarías a formar parte deste proceso en marcha.

Animámoste a que nos respondas afirmativamente, xa que as túas ideas e propostas son necesarias.

escribenos a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?