Un pequeno paso para a política, un grande paso para o país

COMUNICADO CONXUNTO 1

+ GALIZA, ENCONTRO IRMANDIÑO, ACCIÓN GALEGA, ECOGALEGUISTAS

 

Reunidos + Galiza, Encontro Irmandiño, Acción Galega e EcoGaleguistas tomaron os seguintes acordos:

1. Emprender un proceso de traballo conxunto co obxecto de explorar as súas coincidencias cara á constitución dunha organización política plural e aberta.

2. Cara á consecución do devandito obxectivo, constituír dous obradoiros de ideas, un dos cales traballará no eido programático e o outro no organizativo.

 

O que se pon en coñecemento público en Santiago de Compostela, 21 de abril de 2012

 

Faise necesario un novo impulso democrático que aborde o transito a un modelo de xefatura de estado republicano

O armazón político-institucional saído da transición denótase esgotado requeríndose un novo impulso democrático

 

EcoGaleguistas entende que estamos nun momento idóneo para superar o modelo monárquico e facer a transición cara a modelos republicanos

 

Nos últimos tempos son moitas as sinais que indican que o modelo político-institucional saído da transición está esgotado: A falla de solucións aos grandes problemas que ten a cidadanía; os casos de institucións inservibles, como as deputacións, ou baleiras de contido, coma o senado; o crecemento transversal dos casos de corrupción política e económica; o proceso de recorte no estado de benestar; os intentos de recentralización e a imposibilidade xurídica para ir máis aló nos procesos de autogoberno, tal como se aomosou coa sentencia do Estatut de Catalunya…, levan a unha desafección cada vez máis grande da cidadanía respecto da política que só se resolvería cun proceso de reformas constitucionais de impulso democrático.

 

O xurdimento de ramalazos autoritarios, a tendencia a restrinxir dereitos e liberdades ou atemorizar á cidadanía coa cultura do medo, son elementos preocupantes nun momento de transición onde o que, pola contra, debería florecer o republicanismo cívico e cidadá, o espíritu ilustrado, a laicidade, as virtudes cívicas do Ben Común, constituíndo todos eles o mínimo común denominador para vivir nunha sociedade democrática: a ética de mínimos, a radicalidade democrática.

 

A constitución actual e o marco xuridico xurdido dela foron aprobados nun momento de fortes presións e posibilidades involutivas que condicionaron a súa letra, condicións que hoxe non existen. Por outra banda, máis do 70% da poboación, por motivos de idade, non tivo a ocasión de participar na votación da constitución e do estatuto actualmente vixente.

Ler máis...

Encontro sobre novas ideas para o século XXI

Desde EcoGaleguistas estamos a desenvolver un proceso aberto con dous obxectivos construír unha nova ferramenta da esquerda nacional de base plural e ampla e, por outra banda, que os elementos de sustentabilidade ecolóxica, mundialización cívica e pacifica, e radicalidade democrática, estean presentes de xeito transversal e non como meros elementos ornamentais na futura esquerda galega.

Estamos a traballar para que estas aportacións as poidamos facer do xeito máis participativo, por iso convidámoste a colaborar ben enviándonos propostas que consideres necesarias ou ben asistindo ao “Encontro sobre novas ideas para o século XXI” que celebraremos o próximo sábado 14 de abril.

A túa participación é importante. Necesitamos seguir  actualizando o pensamento da esquerda galega para inserila definitivamente nas correntes do pensamento do século XXI.

Podes baixar o documento base (files/DOCUMENTO_IDEAS_ECOGAL.pdf )  e o documento de achegas (files/NOVAS_IDEAS_PARA_O_SCULO_XXI__ACHEGAS.pdf ) sobre o que imos centrar os debates. A idea é que ademais de achegas ou a participación no propio encontro, despois poidamos seguir  mellorando e enriquecendo conxuntamente o debate, pois ata o 26 de maio na asemblea constituinte de Ecogaleguistas o documento segue aberto. 

DATA: Sábado 14 de Abril

LUGAR: Teatro Municipal As Torres de Santa Cruz. Liáns. Oleiros

Ler máis...

Espazo Ecogaleguista valora moi positivamente a unidade sindical para a Folga Xeral do 29-M

Os Ecogaleguistas pensan que debe formar parte dunha estratexia máis a longo alcance en contra dos recortes sociais e a favor do ben común

O Espazo Ecogaleguista amosa o seu apoio á xornada de mobilización xeral que se vai celebrar o próximo xoves 29 de marzo.

Inseridos como estamos nunca crise sistémica de envergadura, a folga xeral é un instrumento político fundamental para deter o recorte de dereitos sociais dos e das traballadoras e tamén para defender o ben común.

Non se trata pois dunha xornada de mobilización corporativa, senón que afecta a toda a cidadanía por canto están en xogo non só os dereitos á negociación colectiva ou o emprego, senón as conquistas sociais de varias xeracións.

Unha folga xeral  adquire pleno sentido no marco dunha estratexia de cambio clara, polo que é necesario ampliar a base de apoio á mesma implicando a tódolos sectores sociais afectados e comezando a levar a cabo novas actuacións e posicións de resistencia por parte d@s traballador@s no ámbito europeo.

Ecogaleguistas consideramos que debe avanzarse na unidade de acción alcanzada nesta ocasión e poñela ao servizo dunha estratexia global que incorpore a toda a cidadanía e que, xeograficamente, se despregue en toda a Unión Europea. Porque o goberno de Rajoy e de Feijoo están sometendo as súas responsabilidades como gobernantes ós intereses e ás políticas ditadas desde entes políticos superiores gobernados polos grandes oligopolios europeos e mundiais.

Por outra banda, esta situación de recorte debe servir tamén para avanzar na construción dun espazo amplo da esquerda nacional que teña a capacidade de influencia, e a posibilidade de alternativas reais que rematen coa hexemonía da dereita, modificando a situación actual de falla de oposición real. 

O proceso de constitución de Ecogaleguistas debe ir parello á mobilización cidadá en defensa do ben común e a construción de alternativas

Ecogaleguistas pon en marcha o proceso que culminará o 26 de maio  na súa  constitución como partido nun camiño marcado pola mobilización social, a construción dun nova alternativa da esquerda galega e a avinza con tódolos sectores defensores do ben común  

Santiago de Compostela, 25 de breiro de 2012.- Co triplo obxectivo de introducir na axenda  política galega os elementos presentes na nova esquerda europea (sustentabilidade ecolóxica, radicalidade democrática, e xustiza social global e pacifismo); conectar cos movementos sociais e a cidadanía activa e critica mobilizada arredor do 15-M; e cooperar na construción dunha nova alternativa plural da esquerda nacional galega púxose en marcha o Espazo Ecogaleguista.

No encontro fundacional no que participaron medio centenar de persoas trazouse unha folla de ruta aberta que culminará o 26 de maio nunha asemblea fundacional, tendo previsto para o 14 de abril un encontro aberto para abordar os aspectos programáticos.

Este proceso de elaboración de ideas e programas xirará  arredor de obxectivos e principios, estatutos e temas programáticos centrais: ben común, dereitos e xustiza social; libertades individuas e colectivas; globalización e paz; e sustentabilidade: ecoloxía e economía, e para iso encargaráselle a colectivos e activistas sociais a elaboración de relatorios para o debate.

Ler máis...

Análise de urxencia 20N

Os resultados do 20N certifican o peche dun ciclo onde o PSOE (e en Galicia o PSdG) desmoroase abandoado por un electorado que nun tempo apoiounos polo seu programa reformista e que nos últimos dous anos observan atónitos como aplican políticas ao ditado das grandes corporacións e a banca privada.

Ademais en Galicia deixan unha nova caída lenta pero inexorable do BNG. A pesar de esa caída que se conta en miles de votantes o feito de que conserve os seus 2 deputados van a impedir a renovación interna e sitúan a asemblea de xaneiro nas mellores condicións para que a UPG renove a súa hexemonía.

Ler máis...

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?