A esquerda debe vertebrar unida un relato, unha axenda e unha alternativa fronte ao bipartidismo

votacion

RESOLUCIÓN DA COORDINADORA NACIONAL DO ESPAZO ECOSOCIALISTA

A situación de agresión social e democrática e a corrupción so se resolve cunhas eleccións anticipadas en clave dun proceso constituínte

A Coordinadora Nacional de Espazo Ecosocialista Galego en reunión extraordinaria celebrada en Santiago de Compostela o 15 de xullo de 2.013, valorou a situación política de emerxencia e aprobou a seguinte RESOLUCIÓN:

1.      Xa hai tempo que son moitas as sinais que indican que o modelo político institucional saído da transición estáesgotado: A falla de solucións aos grandes problemas que ten a cidadanía; os casos de institucións inservibles, como acasa real, as deputacións, ou baleiras de contido, coma o senado; o crecemento transversal dos casos de corrupciónpolítica e económica; o proceso de recorte drástico no estado de benestar; os intentos de recentralización …, levan a unha profunda indignación edesafección cada vez máis grande da cidadanía respecto da política.

Ler máis...

Construír amplas alianzas tomando AGE como punto de partida

espazo-grupo para web

Ecosocialistas aposta por seguir construíndo amplas alianzas democráticas e de esquerdas tomando como punto de partida a coalición AGE

Espazo Ecosocialista abordará un proceso aberto para a celebración da súa II Asemblea Nacional

Este sábado 15 de xuño celebráronse en Bertamiráns (Ames) as 1ª Xornadas de Formación de Espazo Ecosocialista Galego cunha importante asistencia.

No marco da mesma celebrouse a Coordinadora Nacional, coma marcan os estatutos aberta aos membros de espazo, fixo un balance do plano de traballo do 2013 e marcou as liñas para os próximos meses.

O informe de xestión e as liñas de traballo foron aprobadas por unanimidades (36 votos a favor, 0 en contra e 0 abstencións)

Ler máis...

No 1º de maio: unidade e propostas alternativas

EEG 1º Maio

@s ecosocialistas galeg@s pregúntase canta máis inxustiza pode soportar a democracia e volve a demandar un novo proceso constituínte

Espazo Ecosocialista chama a mobilizarse o 1º de maio e lamenta que non exista a necesaria unidade sindical

Co anuncio de novos recortes sociais e o sistemático desmantelamento do estado de benestar por parte do goberno e cuns datos últimos de desemprego que superan o admisible en calquera sociedade democrática, Espazo Ecosocialista chama a mobilizarse o 1º de maio e lamenta que non exista unidade sindical nunha situación de emerxencia como a que vivimos. As centrais sindicais deben recuperar o espírito unitario conquerido o pasado 19 de xuño de 2.012.

Segundo a Enquisa de Poboación Activa (EPA), no primeiro trimestre do ano, a taxa de paro chegou a 6.202.700 (27,16%), a mesma proporción de desemprego que o goberno predicira para todo o exercicio. As tendencias xa resultan imposibles de corrixir ata o punto de que o goberno recoñece que se van superar a cifra dos 7 millóns de desempregad@s. Ningunha das previsións hai anos dos máis críticos coas políticas de recorte neoliberais apuntaba a cantidades tan fortes.

Ademais hai outros dous datos, aínda máis preocupantes. A precariedade laboral e a ausencia de axudas económicas.

Ler máis...

A propósito da X Asemblea Nacional de ICV: O ecosocialismo do Sur como alternativa para Europa

Asemblea ICV

 

Artigo de Xoán Hermida e Juan Martinez

A X Asemblea Nacional de Iniciativa per Catalunya Verds (ICV) será, sen dubida, un acto de grande percorrido político na política catalá e europea.

E serao non so pola realidade consolidada dunha organización central na política catalá e española, polo que representa cuantitativamente cos seus preto de 10.000 afiliados e afiliadas, pola súa presenza institucional no parlamento catalá, no congreso dos deputados, no senado e no parlamento europeo, ou na presenza en varios centos de concellos gobernando en moitos, e coa responsabilidade da alcaldía en preto de 40 concellos. Nin tan sequera por que o goberno de esquerda e catalanista da Generalitat durante dúas lexislaturas non seria entendible sen a súa presenza, sendo o único que reivindica a súa acción de goberno, e saíndo do mesmo fortalecido a diferenza do que estamos acostumados con partidos de esquerda que cando gobernan se esnaquizan.

Ler máis...

Republicanismo cívico e nova democracia

constituinte XXI republica

 

Espazo Ecosocialista no aniversario da proclamación da II república e no marco da campaña por un novo proceso constituínte para o século XXI fai pública a seguinte Declaración republicana.


O republicanismo cívico e democrático é incompatible coa monarquía e co estado uniformizador

Espazo Ecosocialista reivindica os valores da II República para o novo proceso constituínte

Xa hai tempo que son moitas os sinais que indican que o modelo político institucional saído da transición está esgotado: A falla de solucións aos grandes problemas que ten a cidadanía; os casos de institucións inservibles, como a casa real, as deputacións, ou baleiras de contido, coma o senado; o crecemento transversal dos casos de corrupción política e económica; o proceso de recorte no estado de benestar; os intentos de recentralización …, levan a unha desafección cada vez máis grande da cidadanía respecto da política que só se resolvería abrindo ás portas a un novo proceso constituínte que dera un novo impulso democrático e social.

Ler máis...

A esquerda Plural abre a porta a construír unha 'Syriza' social e política

Debate público Espacio Plural 

Sete partidos da esquerda nacional e ecoloxista aproban a 'Declaración de Sevilla' que aposta por un novo proceso constituínte

Espazo Plural, a rede de partidos e organizacións políticas das esquerdas renovadoras, nacionais, republicanistas, laicas e ecoloxistas do Estado Español, reuniuse este fin de semana en Sevilla para debater como alcanzar un 'programa de mínimos' que lle permita ser unha alternativa de esquerdas, ecoloxista e plurinacional ao Goberno de Mariano Rajoy, ao que cualifican como 'a dereita máis extrema que nos gobernou desde a reinstauración da democracia'.

Para chegar a colaboracións políticas concretas, Espazo Plural reunirase en xuño en Valencia coa intención de concretar a forma de cooperar entre as forzas políticas territoriais, de esquerdas e ecoloxistas. As organizacións integrantes en Espazo Plural alcanzaron un acordo, denominado 'Declaración de Sevilla', que alerta de que 'a realidade española aseméllase cada vez máis á de Grecia, coa preocupante diferenza de que non existe unha alternativa política como a que representa Syriza'.

Por iso, Espazo Plural considera que esa alternativa debería 'armarse a partir da confluencia horizontal das diferentes forzas de esquerdas' do conxunto do Estado español. O programa de mínimos, para 'avanzar cara a un cambio real de modelo económico, político, social e ambiental', debería concretarse por partidos e organizacións políticas e sociais que 'compartan os valores da solidariedade, a sustentabilidade, a igualdade, a xustiza social e a democracia'.

Ler máis...

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?