Espazo Ecosocialista organiza a súa Conferencia Política sobre a construción de alternativas nos Concellos

1901965 386260811531449 7546336502555713993 n

O vindeiro 8 de novembro, Espazo Ecosocialista organiza a súa conferencia política centrada no desenvolvemento de alternativas nos Concellos. O lugar será o Pazo da Peregrina en Bertamiráns (Ames). As xornadas comezarán cunha Mesa Redonda sobre cidadanía e cambio nos concellos, na que contaremos con representantes de distintas plataformas que están a constituirse en alternativa en concellos do país. Así, teremos representantes da Maréa Atlántica, de Ames Novo e da AER de Redondela; xunto coa participación de Fabio González, Portavoz de EKI-Iratzarri e Alex Mañas, Concelleiro en Badalona e portavoz de ICV na deputación de Barcelona.

Pola tarde desenvolveremos 3 seminarios: Municipalismo e ordenación territorial, Orzamentos participativos e remunicipalización de Servizos e Sustentabilidade e Urbanismo nos que contaremos con Martiño Noriega, alcalde de Teo, Alex Mañas, concelleiro en Badalona, Daniel Beiras, arquitecto e redactor de planeamentos municipais en concellos costeiros e Manuel Hermo e Xose Manuel Penela, funcionarios dos concellos de Vigo e Redondela respectivamente, entre outros.

As xornadas rematarán cun plenario para debater as conclusións

Ler máis...

Espazo Ecosocialista achega a experiencia das “mareas” no II Encontro Estatal de Mocidade Plural

1779130 10152152183289909 53785846 n-470x260Representantes de Espazo participaron no II Encontro Estatal de Mocidade Plural xunto as delegacións de Joves de Esquerra Verde (mocidades de Iniciativa per Catalunya-Verds), de Joves amb Iniciativa (mocidades de Iniciativa del Poble Valenciá), da Red Equo Joven. Neste Encontro celebrado na sede de Bilbao do Consello da Mocidade de Euskadi foron anfitrións os e as xoves de Iratzarri-EKI.

Ler máis...

Actos electorais AGEe (do 9 ao 15 de maio)

cartaz campaña

Comezamos o periodo eleitoral cunha chea de actos que iremos actualizando. Actos nos que participan compañeiros e compañeiras nosas que fan parte da candidatura de AGE para Europa. Velaquí tendes os dos próximos días

Venres 9 de maio

Mitin en Lugo

20:00 no Instituto Lucus Augusti. Interveñen Yolanda Díaz (ViceVoceira de AGE), Xosé Manuel Beiras (Voceiro de AGE) e Lidia Senra (Candidata de AGE)

Mitin en Mos

20:00 no Centro de Desenvolvemento Local. Interveñen Xoan Hermida (EEG), Eva Solla (Deputada de AGE) e Iolanda Perez (Anova)

Mitin en Noia

20:30 na Casa da Cultura. Interveñen Juan Fajardo (Deputado de AGE), Rafa do Pico (Anova) e Iván Rodríguez Iglesias (Anova )

Ler máis...

Espazo Ecosocialista participa na elaboración do programa electoral de AGE para ás eleccións europeas

propostas programaXunto con Esquerda Unida e Anova se está a elaborar un documento programático, tomando como referencia as respectivas propostas de cada organización, para despois abrilo ás aportacións da cidadanía que queira colaborar no proceso.
O documento de que leva Espazo á xuntanza que se celebra este xoves 27 de marzo salienta a necesidade dunha alternativa da esquerda e o recoñecemento de Galicia como nación europea, a partires da reivindicación dunha Europa máis social e política, máis democrática e sostible, máis xusta e laica, máis diversa e intercultural. Para o Espazo a cidadanía ten que ser a auténtica protagonista desa outra Europa, e non a Troika nin os poderes especuladores, recuperando e reforzando os valores da xustiza, da paz da memoria democrática cos que construíu o europeísmo despois da II Guerra Mundial. En definitiva, outra Europa onde os seus pobos conten.

Ler máis...

Presentouse a II Asemblea Nacional de Espazo Ecosocialista

presentacion II asembleaOs Vicecoordinadores e actuais coportavoces de Espazo Ecosocialista, Chus Boo eManuel Dios, presentaron hoxe en Rolda de Prensa a axenda e os obxectivos da II Asemblea Nacional de Espazo Ecosocialista.

Espazo Ecosocialista, formación ecosocialista integrada en AGE, celebrará a súa II Asemblea Nacional o 22 de febreiro en Ames dous anos despois do seu nacemento.

Esta forza conformada fundamentalmente por persoas procedentes dos movementos sociais e da esquerda renovadora esta acentuando o seu papel propositivo e de alternativa construtiva á vez que medra e consolida a súa estrutura territorial e o seu crecemento.

Ademais, esta II Asemblea Nacional celebrase no contexto do proceso de recomposición da esquerda nacional e marcado por un calendario onde as próximas citas electorais . europeas e municipais – terán un carácter extraordinario ao darse no cambio de ciclo político marcado polo esgotamento do modelo xurdido da transición e coa posibilidade de abrir un período constituínte cara a unha democracia máis avanzada.

Ler máis...

Espazo Ecosocialista será o primeiro partido galego cunha coordinación paritaria

20140203 122408 resized

O candidato á Coordinador Nacional, Xoán Hermida, e a candidata á Coordinadora Nacional, Modesta Regueira, presentaron hoxe en rolda de prensa os eixes da súa liña política en Rolda de Prensa.

Espazo Ecosocialista, formación ecosocialista integrada en AGE, esta en pleno proceso asembleario ( celebrará a súa II Asemblea Nacional o 22 de febreiro en Santiago de Compostela dous anos despois do seu nacemento).

Esta forza conformada fundamentalmente por persoas procedentes dos movementos sociais e da esquerda renovadora esta acentuando o seu papel propositivo e de alternativa construtiva á vez que medra e consolida a súa estrutura territorial e o seu crecemento.

Ler máis...

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?