Ecogaleguistas presenta unha proposta para construir un espazo cooperativo e plural da esquerda nacional

Con vontade de dialogo e cooperación política con outras forzas da esquerda galega e coa cidadanía o Espazo EcoGaleguistas presentou hoxe o documento ‘construir un espazo cooperativo e plural da esquerda nacional’ (integramente aqui  files/ESPAZO_DA_ESQUERDA_NACIONAL_COOPERATIVO_E_PLURAL.pdf ).

O documento que foi xa remitido aos partidos e colectivos que amosaron a súa disposición a avanzar no mesmo (EI, +G, EN, PNG-PG e MNG), pretende fixar a posición aberta sobre a que os Ecogaleguistas pretenden dialogar e debater cara a consecución dun  proxecto común alternativo. Non se trata de elementos de negociación ou principismos irrenunciables senón elementos para o dialogo bilateral e multilateral con outros colectivos e persoas interesadas no proceso.

Segundo Ecogaleguistas non se pode construír o novo referente sen ter en  contas as demandas da cidadanía, que levaron á mesma a un afastamento da política, e sen poñer en marcha desde o principio novas formas de facer política que supoña un reencontro desa cidadanía desafectada cos partidos.

A construción dun novo espazo plural e aberto ten que formatearse como cooperativa política e de debate cultural de ideas, en ningun caso como compartimentos estanco competitivos alleos as demandas as necesidades das cidadás e cidadáns.

Para Espazo Ecogaleguista este proceso so ten razón de ser si se asenta na cidadanía organizada nos movementos sociais ou nos novisimos movementos sociais. Nese senso o proceso Ecogaleguistas segue aberto e a intención é que os colectivos sociais e profesionais participen no encontro de ideas que celebrarán o 14 de abril para desenvolver propostas programáticas.

  

O espazo Ecogaleguista ponse en marcha este sábado en Compostela cunha trintena de promotor@s e un centenar de adscrit@s

Ecogaleguistas nace como un referente da esquerda renovadora e ecosocialista para traballar a prol da unidade dunha esquerda nacional de ampla base

 Tras quince días de presentacións nas comarcas este sábado 25 de febreiro a partir das 17,00 horas en Santiago de Compostela (no Hotel Virxe da Cerca) reúnese o grupo promotor e os simpatizantes do espazo ecogaleguistas para poñer en marcha un proceso aberto que culmine na construción dunha nova ferramenta política necesaria da esquerda galega  renovadora e ecosocialista.

Segundo os seus promotores esta é unha demanda para moitos e moitas desde fai algún tempo pero o 15-M ten creado un antes e un despois que non podemos arranxar mirando para outro lado ou insistindo en vías mortas.

Tratase construír un proxecto para multiplicar non para dividir, pero somos conscientes que ou se aborda unha renovación de ideas e sobre todo de métodos e estilos ou a unidade soamente se converte en falta de diversidade, e o noso país esta necesitado de pluralidade que libere enerxías hoxe ‘cautivas’ ou desalentadas co panorama político, social e cultural actual.

Apostamos por  un proceso aberto e dinámico -‘espazo ecogaleguista’-, non pechado nun acto puntual e polo tanto ao que se poidan sumar persoas en calquera momento. Neste momento preivo a posta en marcha xa son perto de un centenar as persoas adheridas e dito proceso.

PROMOTORES/AS

A maioría d*s promotor*s son activistas dos movementos sociais e antigos militantes da esquerda política desencantados coa situación da mesma.

Ver aqui os primeiros adherid*s http://www.ecogaleguistas.org/index.php?option=com_content&view=article&id=68&Itemid=465

 

Ler máis...

O espazo Ecogaleguista nace como un referente da esquerda renovadora e ecosocialista para traballar a prol da unidade dunha esquerda nacional ampla

Compostela, 13 de febreiro de 2012.- Un grupo de medio centenar de persoas esta a impulsar un proceso aberto que culmine na construción dunha nova ferramenta política necesaria para os novos tempos que vivimos.

Quizais esta necesidade sexa xa unha demanda para moitos e moitas desde fai algún tempo pero o 15-M ten creado un antes e un despois que non podemos arranxar mirando para outro lado ou insistindo en vías mortas.
   
Queremos construír un proxecto para multiplicar non para dividir, pero somos conscientes que ou se aborda unha renovación de ideas e sobre todo de métodos e estilos ou a unidade soamente se converte en falta de diversidade, e o noso país esta necesitado de pluralidade que libere enerxías hoxe ‘cautivas’ ou desalentadas co panorama político, social e cultural actual.

Apostamos por  un proceso aberto e dinámico -‘espazo ecogaleguista’-, non pechado nun acto puntual e polo tanto ao que se poidan sumar persoas en calquera momento.

Temos pensado facer a presentación e iniciar o proceso do ‘espazo ecogaleguista’ o próximo sábado 25 de febreiro en Santiago de Compostela intentando distancialo dos procesos asemblearios e congresuais das forzas da esquerda galega hoxe existente.

Ler máis...

Convidamoste a participar no Espazo Ecogaleguista

Un grupo de persoas estamos a impulsar un proceso aberto que culmine na construción dunha nova ferramenta política necesaria para os novos tempos que vivimos.

Quizais esta necesidade sexa xa unha demanda para moitos e moitas desde fai algún tempo pero o 15-M ten creado un antes e un despois que non podemos arranxar mirando para outro lado ou insistindo en vías mortas.

Queremos construír un proxecto para multiplicar non para dividir,  pero somos conscientes que ou se aborda unha renovación de ideas e sobre todo de métodos e estilos ou a unidade soamente se converte en falta de diversidade, e o noso país esta necesitado de pluralidade que libere enerxías hoxe ‘cautivas’ ou desalentadas co panorama político, social e cultural actual.

Apostamos por  un proceso aberto e dinámico -‘espazo ecogaleguista’-, non pechado nun acto puntual e polo tanto ao que se poidan sumar persoas en calquera momento.
 

Ler máis...

Decálogo do espazo ecogaleguista para un proceso aberto cara a un novo instrumento político e unha maioría de progreso

polobencomun 

Un grupo de cidadáns e cidadás, poñemos en marcha un espazo que abra un proceso aberto para a constitución dun novo instrumento político cara a unha nova etapa, conscientes de que o país necesita novas ferramentas de intervención política e de intermediación cunha sociedade cada vez máis afastada dos instrumentos que ata agora e durante unha etapa exerceron a súa representación.

Ler máis...

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?