Anova e Ecosocialistas abordan as eleccións europeas

Xunta Anova-EEG

Ecosocialista trasladou a Anova a necesidade de vertebrar estratexicamente a esquerda nacional

Delegacións de Anova e de Espazo Ecosocialista, encabezadas polos seus coordinadores nacionais, Martiño Noriega e Xoán Hermida, reuníronse (03.10.13) para intercambiar opinións arredor das eleccións europeas e para trasladar a Anova á proposta de relación estratéxica da esquerda nacional que Espazo Ecosocialista traslada a Anova e a EU.

Sobre ás elección europeas ambas forzas coincidiron na idea de que ás mesmas se presente un suxeito político da esquerda nacional galega, e que este se coordine nunha fronte ampla con outros proxectos de forzas de esquerda transformadora doutros territorios e mesmo do estado, tendo en conta a situación de crise sistémica e proceso (s) constituínte (s).

Ler máis...

Ecosocialistas cre que AGE como tal debe abordar o debate das europeas

conferencia polITICA

Espazo Ecosocialista celebrará a súa conferencia política sobre políticas de alianzas o sábado 19 e o 26 de outubro

A Permanente de Espazo Ecosocialista reafirmou a súa proposta de facer unha candidatura aberta e plural das esquerdas estatais e nacionais para facer fronte a Troica e as políticas de axuste e aproveitar a ocasión para rachar o modelo bipartidista PP-PSOE que sustenta o réxime.

O resultado das recentes eleccións celebradas en Alemaña poñen de evidencia a necesidade de procesos unitarios e de creación de alternativas na esquerda fronte á consolidación da dereita e das políticas de recortes e a incapacidade da socialdemocracia de xerar políticas diferentes.

Para Espazo Ecosocialista é moi importante que nas europeas se visibilice a maioría que rexeita as políticas de recortes sociais, ataques medioambientais e recentralización que está a xestionar o Partido Popular, coa complicidade do PSOE, ao servizo dos oligopolios europeos.

Ler máis...

Ecosocialistas trasladaranlle a Anova e EU a vontade de construír un proxecto estratéxico da esquerda nacional

Concerencia dolors

Espazo Ecosocialista aposta por unha candidatura das esquerda plurais ás europeas con AGE como suxeito político

Espazo Ecosocialista reafirmou a súa proposta de facer unha candidatura aberta e plural das esquerdas estatais e nacionais para facer fronte a Troica e as políticas de axuste e aproveitar a ocasión para rachar o modelo bipartidista PP-PSOE que sustenta o réxime.

Para Espazo Ecosocialista é moi importante que nas europeas se visibilice a maioría que rexeita as políticas de recortes sociais, ataques medioambientais e recentralización que está a xestionar o Partido Popular, coa complicidade do PSOE, ao servizo dos oligopolios europeos.

A Europa do Sur debe ter unha resposta unitaria desde Atenas a Lisboa, pasando por Galicia, e onde se vertebre unha alianza de proxectos nacionais e rexionais. En Galicia ese suxeito político debe ser AGE para o cal Espazo Ecosocialista considera necesaria a súa vertebración, consolidación e ampliación.

Ler máis...

Decálogo de Espazo Ecosocialista no IIº aniversario do 15-M

Contra a troika

O espírito do 15-M debe perdurar para construír un ‘goberno do pobo, polo pobo e para o pobo’

No segundo aniversario do movemento 15-M, Espazo Ecosocialista Galego (EcoSoGal) non pode por menos que celebrar o que significou no seu carácter reivindicativo, simbólico e alternativo, animar a cidadanía a participar na mobilización global do 1 de xuño contra a troica e afirmar:

  1. Que existe un antes e un despois do movemento de indignad@s> que o 15 de maio de 2011 sacou ás prazas e rúas a milleiros de persoas. Movemento que tendo o seu epicentro no Estado Español é fundamentalmente un movemento mediterráneo, con grandes movementos democratizadores no sur de Europa e do norte de África, desde Grecia ata Galicia.
  2. Que estamos diante dun movemento que situou con forza a necesidade de denunciar que a gobernanza global esta en mans dos oligopolios e polo tanto que participamos dunha democracia que ten 'as cartas marcadas’ e por outra facer fincapé que o cambio vira dado por dinámicas de resistencia e mobilización pacificas hexemónicas que abranguen 'ao 99% da poboación afectada pola crise sistémica fronte a un 1% beneficiada por ela'.

Ler máis...

A II Asemblea de Espazo Ecosocialista abordou unha estratexia de unidade e renovación da esquerda galega

collageEspazo Ecosocialista, formación ecosocialista integrada en AGE, celebrou a súa II Asemblea Nacional este sábado 22 de febreiro en Ames dous anos despois do seu nacemento.

Esta forza, conformada fundamentalmente por persoas procedentes dos movementos sociais e da esquerda renovadora esta acentuando o seu papel propositivo e de alternativa construtiva á vez que medra e consolida a súa estrutura territorial e o seu crecemento.

No plenario da mesma que se celebrou no Pazo da Peregrina de Bertamiráns (Concello de Ames) participaron 93 persoas inscritas de Espazo dos preto de 300 que ten na actualidade.

Ademais participaron coma convidados as distintas forzas da esquerda galega e europea coas que Espazo Ecosocialista mantén relacións políticas. Entre os convidados estiveron presentes Marcello Belotti, responsable para o estado español de Sinistra Ecologia e Liberta (Italia) e Laia Ortiz, portavoz nacional de ICV (Catalunya) e deputada no Congreso.

Ademais presentáronse saudos de Juan Campos, vicesecretario nacional de Relacións Políticas da Chunta Aragonesista e de David Abril, coordinador nacional de Iniciativa Verds (Illes Balears) e de Stavros Karagkounis, do Departamento Internacional de SYRIZA (Grecia).

De Galicia participaron Pilar Candocia, portavoz de Ames Novo, Xiana López (FPG), e Yolanda Díaz, coordinadora nacional de EU e viceportavoz de AGE.

Ler máis...

Espazo Ecosocialista aproba o seu plano de traballo para o 2013 centrado na extensión territorial e nas políticas unitarias na esquerda renovadora

20130323 123931 resized

A CN de Espazo considera a estafa das preferentes como a culminación do proceso de bancarización e anuncia diversas inciativas

Espazo celebrará unha convención electoral onde debaterá unha formula de impulso dunha candidatura galega, impulsada por AGE, no marco dunha ampla alianza de tódalas esquerdas nacionais e estatais

 A Coordinadora Nacional de Espazo Ecosocialista Galego na súa reunión trimestral, celebrada hoxe en Santiago de Compostela o 23 de marzo de 2.013, valorou a situación política, aprobou o plano de traballo da organización para o 2013 e marcou as liñas políticas do próximo período.

O ano 2013 ten sido declarado pola Unión Europea como ano europeo da cidadanía coincidindo co vixésimo aniversario do tratado de Maastricht que consagra o armazón xurídico institucional do actual modelo europeo. Para Espazo Ecosocialista resulta grotesco que se conmemore esta data ligada aos dereitos da cidadanía cando se ten confirmado na práctica que estamos diante dun modelo de construción oligopólico no económico e antieuropeo no político, cunhas institucións cun déficit democrático insalvable desde o actual marco e cando se están a dar un proceso de perda de soberanía cidadá sen precedentes, dos que o exemplo máis próximo é a intervención económica de Chipre, e onde se está a desmantelar o estado social construído no período de posguerra e recortando as liberdades conquistadas con moito esforzo.

Ler máis...

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?