EcoGaleguistas asegura que tras os ataques á sanidade pública acóchanse intereses económicos privados

 

sanidad gratuitaEspazo Ecosocialista incorpórase á Plataforma SOS Sanidade Pública e apoia a mobilización do domingo 3 de xuño en Santiago de Compostela

Espazo Ecosocialista (Ecogaleguistas) vemos con moita preocupación que tanto o goberno central do Estado como o da Xunta de Galicia teñan tomado unha serie de medidas lexislativas que atinxen á cidadanía de Galicia, que polas súas características económicas, sociais e demográficas, van agravar de especialmemte a situación sanitaria da poboación, así como a repercutir no empeoramento do propio “estado de saúde” da mesma.

Ler máis...

O Valedor do Pobo debe dimitir e abrirse unha investigación sobre o orzamento do seu departamento

Benigno López carece de lexitimidade e da dignidade precisa para ocupar este ou calquera outro cargo público que implique a defensa da cidadanía

A imparcialidade política e a defensa dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas recoñecidas na Constitución e que figuran no art. 1 do Cap. I da Lei 6/1984 de 5 de xuño, modificada polas leis 3/1984 de 18 de xullo, 1/2002 de 26 de marzo e 8/2008 de 10 de xullo, sobre o Valedor do Pobo, veñen de ser incumpridas de xeito evidente por Benigno López, que preside esta institución dende 2007.

A recente resolución tomada por este cargo público –no que debería primar os intereses da cidadanía galega-, na que afirma que os recortes levados a cabo ata agora polo Goberno son “xustos, imprescindibles e necesarios”, e mesmo chegar a pedir a “suspensión da Lei de Dependencia ata que comece a recuperación económica”, tiveron a súa guinda no condicionante de tais afirmacións: “o Estado de Benestar é totalmente irreal”.

Ante tais afirmacións, que propiciaron a dimisión da Vicevaledora do Pobo Dolores Galovart (por pura coherencia), ECOGALEGUISTAS esixe a dimisión inmediata de Benigno López toda vez que, ademais de agredir dialecticamente ao pobo galego que sufre as dramáticas consecuencias deses recortes, incumpre a propia lexislación que rexe o seu cargo.

No artigo 5 da antedita Lei, explicítase no punto cuarto que “O Valedor do Pobo de Galicia cesará …/… “por notorio incumprimento das obrigas e deberes do seu cargo”.

Ler máis...

EcoGal alerta sobre a relación entre a deriva recentralizadora do PP e o desmantelamento do estado de benestar

ECoGaleguistas manifesta a súa preocupación pola deriva centralizadora do PP considera un gran paso atrás baleirar de contido o Estado das Autonomías, alertando sobre a relación co desmantelamento do estado de benestar

O Espazo Ecogaleguista, que nesta fin de semana, o día 14, terá un Encontro Programático en Oleiros sobre “Novas ideas para o século XXI”, quere facer pública a súa fonda preocupación pola deriva centralizadora e antiautonómica de sectores relevantes do PP que, coa excusa da crise e da necesidade de diminuír o déficit público, están pensando en baleirar de contido o Estado Autonómico, centralizando competencias que teñen atribuídas, constitucionalmente as Comunidade Autónomas, nos seus respectivos Estatutos.

Para Ecogaleguistas, esta nova tentación uniformizadora que ten forte predicamento na dereita española, podería significar, para Galicia, a rebaixa do seu propio status constitucional, como nacionalidade histórica xunto con Cataluña e o País Vasco, así como as súas aspiracións ó pleno autogoberno.

Ler máis...

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?