Aseguremos os dereitos humanos no ambito dixital

dereitos internet

Documento-Declaración Dereitos humanos e principios no ámbito dixital e en internet

Espazo Ecosocialista insta á Xunta de Galicia a asegurar os Dereitos Humanos no ámbito dixital

 

Na metade do século pasado a aparición da electrónica supuxo un substancial avance no eido tecnolóxico, avance que deu outro pulo importantísimo coa aparición da internet nas últimas décadas so século XX.

 

En poucos anos, esta nova ferramenta converteuse en básica para persoas, comunidades, organizacións, gobernos, en calquera tipo de actividade. A incidencia e o fenómeno social que supón, ven requirindo hai tempo unha regulación propia e especifica, que recoñeza aspectos e valores para todos os actores, ao mesmo tempo que obrigas e responsabilidades. Non será posíbel unha regulación xusta sen ter en conta os valores, xeitos e formas de funcionamento da Internet dende o seu nacemento.

 

Ler máis...

Os orzamentos da Xunta 2014 afondan as desigualdades e a desvertebración

orzamentos

Democracia e Sustentabilidade claves para uns orzamentos xustos

Espazo Ecosocialista considera que os actuais orzamentos da Xunta de Galicia para o 2014 afondan as desigualdades e a desvertebración

Espazo Ecosocialista considera que os orzamentos da Xunta de Galicia para o 2014, que desde a semana pasada iniciaron o seu tramite no Parlamento de Galicia, afondan nas desigualdades entre a cidadanía, non resolven os problemas centrais das persoas como o desemprego e a perda de dereitos, e ademais agravan a desvertebración dun país cada vez máis insustentable.

Para Espazo Ecosocialista este son os orzamentos dun país intervido, cun goberno sen capacidade de reacción e atado por unha débeda ilexítima que non se cuestiona. Ademais as previsións macroeconómicas son triunfalistas, falsas e irreais (pura propaganda).

Ler máis...

Non ao pago de medicamentos hospitalarios

sos-sanidade-publica-mani-21-nov-1

Ante a resolución do Ministerio de Sanidade que establece o pago farmacéutico para os pacientes non hospitalizados a partir do 1 de outubro e que inclúe medicamentos para atrasar a progresión en cancro de mama avanzado, cancro de ril, tumores cerebrais,  leucemia mieloide crónica e outros tumores,  a Plataforma SOS Sanidade Pública, da que forma parte Espazo Ecosocialista, quere comunicar que a medida, ademais de ferir a sensibilidade da maioría social, resulta:

1.- Inxusta xa que supón un novo imposto que grava a utilización de medicamentos ás persoas con enfermidades crónicas e de extrema gravidade, cuxa saúde pode sufrir un grave quebranto si non as toman. Resulta paradoxal a aplicación desta nova taxas que afectará fundamentalmente aos grupos sociais máis débiles mentres de manteñen as desgravacións fiscais aos sectores economicamente máis poderosos ou se amnistía aos defraudadores.

Ler máis...

Espazo Ecosocialista e os outros partidos de AGE asinan unha declaración a favor do dereito a decidir

Age decidir

Os partidos que conforman Alternativa Galega de Esquerdas  (AGE) asinaron un Manifesto para o 25 de xullo de 2013, Día da Matria Galega, onde se defendo o dereito a decidir.

Os representantes de AGE leron o manifesto publicamente hoxe 24 de xullo, véspera do 25 de XULLO, diante do número 15 da Rúa do Vilar, en Compostela, onde o alcalde republicano e galeguista de Santiago Ánxel Casal tiña a sede da imprenta Nós.

Ler máis...

O autogoberno do ben común e o dereito a decidir todo

contra o aldraxe

Acto político e de confraternización de Espazo no Pazo de Meimixe ( Sigueiro)

Espazo Ecosocialista aborda o 25 de xullo na defensa do autogoberno do ben común e o dereito a decidir todo

Para crear mellores condicións de futuro para Galicia e os seus cidadáns e cidadás, necesitamos recuperar o noso autogoberno para defender o ben común.

A crise económica serve de gran coartada do programa recentralizador do Partido Popular. A hexemonía conservadora nas nosas institucións disolve Galicia como nación e espazo de decisión cidadá. O papel dos poderes públicos, como valedores democráticos do benestar, garantía de solidariedade comunitaria e da igualdade de oportunidades e de trato dos galegos e galegas, están gravemente ameazados polas contrarreformas ultraliberais do Goberno de Mariano Rajoy e polo abandono de responsabilidades que practica Núñez Feijóo na Xunta de Galicia.

O autogoberno galego cifra con Núñez Feijóo os investimentos máis ruíns en benestar e no mantemento dos servizos públicos básicos, e ao tempo santifica unha suicida política de carestía que cancela todo apoio ás iniciativas produtivas do noso país, mentres se agrava a recesión económica, se intensifica a destrución de postos de traballo e se derrama toda oportunidade para milleiros de galegos e galegas que se verán obrigados, coma noutrora, a procurar o seu benestar lonxe de Galicia.

Ler máis...

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?