Alternativa Galega de Esquerda esixe a paralización da mineira de Cementos Cosmos en Triacastela ao estar a licenza suspendida

Alternativa Galega de Esquerda (AGE), a través do seu deputado Antón Sánchez, vén de esixir á Alcaldía de Triacastela que paralice de inmediato as actividades de Cementos Cosmos na explotación mineira de Don Isidro. A solicitude, que Sánchez remitiu por escrito (no documento anexo) ao concello da montaña luguesa, ampárase no cumprimento da lei de réxime xurídico do procedemento administrativo[1] despois de que o seu grupo parlamentario presentase un recurso de reposición contra a licenza en que se reclamaba a suspensión preventiva da mesma. Esta suspensión, considera o deputado de Alternativa, “é xa de plena aplicación, porque xa transcorreron 30 días dende a entrada da solicitude sen que o Concello de Triacastela resolveses o recurso”.

Ler máis...

No día mundial da poboación, Galicia enfronta unha profunda crise de natalidade

4359622221 dd9bd5f7f4 zAs cifras son inapelábeis: Galicia terá 147.751 habitantes menos no 2023, case como se desaparecera a comarca de Compostela, e a que quede estará envellecida ate o punto de haber 2 maiores de 65 anos por cada menor de 16. Este descenso será aínda máis acusado nas provincias de Ourense (- 9,4% menos) e Lugo (- 7,7%). Son os datos do Instituto Nacional de Estatística.

A causa esgrimida? A baixa natalidade que significará que nese horizonte do 2023 teñamos 16.000 mortes máis que nacementos, un saldo vexetativo negativo.

Máis desde Espazo entendemos que a baixa natalidade non é unha causa, é un síntoma dunha realidade social moi complexa, na que se mesturan cuestións de xénero, o darwinismo social imposto polo neoliberalismo, a nula iniciativa por parte das administracións (hai meses a conselleira do ramo, Beatriz Mato anunciaba entre outras supostas medidas unha campaña publicitaria de medio millón de euros para “fomentar” a natalidade. Brillante), a ausencia de perspectivas para a meirande parte da poboación xunto coa incerteza de ter o mínimo para poder asumir a responsabilidade materno-paterna con dignidade.

Ler máis...

No día mundial da poboación, Galicia enfronta unha profunda crise de natalidade

As cifras son inapelábeis: Galicia terá 147.751 habitantes menos no 2023, case como se desaparecera a comarca de Compostela, e a que quede estará envellecida ate o punto de haber 2 maiores de 65 anos por cada menor de 16. Este descenso será aínda máis acusado nas provincias de Ourense (- 9,4% menos) e Lugo (- 7,7%). Son os datos do Instituto Nacional de Estatística.

 

A causa esgrimida? A baixa natalidade que significará que nese horizonte do 2023 teñamos 16.000 mortes máis que nacementos, un saldo vexetativo negativo.

 

Máis desde Espazo entendemos que a baixa natalidade non é unha causa, é un síntoma dunha realidade social moi complexa, na que se mesturan cuestións de xénero, o darwinismo social imposto polo neoliberalismo, a nula iniciativa por parte das administracións (hai meses a conselleira do ramo, Beatriz Mato anunciaba entre outras supostas medidas unha campaña publicitaria de medio millón de euros para “fomentar” a natalidade. Brillante), a ausencia de perspectivas para a meirande parte da poboación xunto coa incerteza de ter o mínimo para poder asumir a responsabilidade materno-paterna con dignidade.

 

Espazo Ecosocialista entende que esta crise demográfica é unha cuestión central no futuro do noso país e como tal debemos enfrontala desde a perspectiva do ben común e polo tanto do ben público. A natalidade non se fomenta con campañas publicitarias nin con “investimentos” de 90 millóns de euros como anunciou a Xunta. Por comparar, é o que custa construír 10 km de AVE ou a quinta parte do que custou a Cidade da Cultura.

 

O problema hai que enfrontalo con medidas estruturais permanentes que xeren a confianza necesaria na poboación sobre o futuro: a instauración dunha verdadeira rede pública permanente de servizos de apoio ás familias, sexan do tipo que sexan, que inclúan educación, vivenda, asistencia sanitaria, baixas alongadas no tempo e compartidas, aspectos fiscais e laborais, etc.

 

Mais tamén hai que enfrontalo desde unha perspectiva sociocultural de xénero, de igualdade nos dereitos e nas responsabilidades no ámbito familiar, nos dereitos laborais, na superación definitiva dos roles arcaicos e anquilosados do patriarcado na nosa sociedade.

 

En Espazo reivindicamos así mesmo a implantación dunha Renda Básica Universal Individual como garante dun nivel de vida adecuado que permita asegurar a alimentación, o vestido e a vivenda dentro dun Estado que se considera democrático, social e de dereito e que serviría para reducir exponencialmente as incertezas que afectan directamente aos dereitos básicos e que, por tanto, inciden directamente na natalidade e na crise poboacional.

 

Só enfrontando o problema desde esta triple perspectiva, que supón na realidade unha reconfiguración da condición de persoa cidadá poderemos provocar un cambio de ciclo que permita recuperar a natalidade.

Manifesto "Derradeira Chamada": Isto é máis que unha crise económica e de réxime: é unha crise de civilización

"Isto é máis que unha crise económica e de réxime: é unha crise de civilización". Así comeza o manifesto presentado hoxe no que 250 activistas políticos e sociais reclaman unha transformación radical de paradigma fronte a profunda crise ecolóxica e social no que ten desenbocado a sociedade productivista e de consumo.

"A sociedade productivista e consumista non pode ser sustentada polo planeta. Necesitamos construír unha nova civilización capaz de asegurar unha vida digna a unha enorme poboación humana (hoxe máis de 7.200 millóns), aínda crecente, que habita un mundo de recursos menguantes. Para iso van ser necesarios cambios radicais nos modos de vida, as formas de produción, o deseño das cidades e a organización territorial: e sobre todo nos valores que guían todo o anterior. Necesitamos unha sociedade que teña como obxectivo recuperar o equilibrio coa biosfera, e utilice a investigación, a tecnoloxía, a cultura, a economía e a política para avanzar cara a ese fin. Necesitaremos para iso toda a imaxinación política, xenerosidade moral e creatividade técnica que logremos despregar."

Ler máis...

O proxecto da autovía A-57: cara, inútil, redundante e destructiva

autoestradaA proposta de trazado e mesmo a existencia do proxecto da autovía A-57 Pontevedra-Arcade-Vigo é un exemplo máis da estulticia das distintas administracións na súa cega aposta polas grandes infraestruturas para o transporte a motor, un grande negocio para as grandes construtoras e unha ruína para o conxunto da sociedade.

O proxecto de trazado da A-57, pretende unir Pontevedra e Vigo cunha autovía sen peaxe. O seu primeiro tramo, de 6 km, entre Vilaboa e Ermida (nestes intres en fase de alegacións ao estudo de impacto ambiental) é un exemplo paradigmático neste senso: 84 millóns de euros orzamentados, sen contar as expropiacións, unha tramitación absolutamente irregular co comezo das expropiacións antes de ter aprobado o estudo de impacto ambiental, un impacto ambiental inaceptable, destruíndo o monte Fracha, afectando hábitats de especies protexidas e ameazadas e numerosas minas de auga que dan servizo ás catro parroquias que afecta: Marcón, Tomeza, Bértola e Figueirido.

Ler máis...

As novas realidades esixen unha mudanza radical na xestión dos recursos hídricos

liberalizzazione-privatizzazione-acquaNo Día Mundial da Auga, Espazo Ecosocialista esixe mudar completamente de paradigma no consumo e xestión dos recursos hídricos. É imprescindíbel diminuír drasticamente o consumo e garantir a máxima depuración que permita recuperar e mellorar a ecolóxica das augas litorais e continentais.

Galicia ten unha xestión moi deficitaria das súas augas, con grandes carencias en depuración, cun urbanismo difuso que agrava exponencialmente o problema e obriga a estender a rede de sumidoiros e a capacidade de bombeo. No caso de contar con Estacións de Depuración de Augas Residuais (EDAR), estas vense amplamente sobordadas e incapaces de tratar grande parte da auga residual que reciben. A cada vez máis evidente incidencia do cambio climático vai supoñer períodos máis longos de secas xunto con outros de concentración de precipitacións e obrigando a adaptarnos a esta nova realidade hídrica.

Ler máis...

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?