Espazo Ecosocialista entende que a aprobación polo Consello de Ministros da modificación da lei de costas é un ataque ao noso ben común natural

autovia de marinA modificación da lei de costas que trala aprobación no consello de ministros de hoxe vai seguir o tramite lexislativo é un retroceso na defensa das nosas costas e abre a man a unha maior especulación sobre as mesma e fomenta de novo a construción irresponsable.

Para os ecosocialistas galegos pouco se pode agardar dunha lei que só fala de usos, autorizacións, obras etc... no canto de protección, cambio climático e nivel do mar, biodiversidade, etc...

Ademais conten dúas eivas fundamentais directamente relacionadas con Galicia:

- Ampliar as concesións de instalacións en dominio público marítimo terrestre noutros 75 anos o que pode afectar directamente a ENCE. Tamén afecta a construcións que están no mesmo ademais de permitir a compra-venta (na lei vixente só permite herdar), polo tanto abre as portas á especulación e supón a privatización de por vida dun espazo público. Isto tamén ten unha derivada: no caso de que o estado quixera recuperar a concesión sairalle infinitamente máis caro xa que a indemnización basearíase sobre eses 75 anos.

Ler máis...

Espazo Ecosocialista denuncia que Galicia móvese na dirección contraria á mobilidade sustentábel

bicicarrilNa Semana Europea da Mobilidade que ten como lema “Movéndonos na dirección correcta”:

Os EcoGaleguistas propoñen diferentes propostas para un cambio radical de concepto de mobilidade cara a un modelo sustentable

Cando chega ao seu remate a Semana Europea da Mobilidade, nesta ocasión co lema “Movéndonos na dirección correcta”, Espazo Ecosocialista considera que ao noso país non chegou a mensaxe.

As cifras de accesos en automóviles das principais cidades galegas seguen a dar arrepíos: Vigo suma máis de 220.000 entradas diarias de vehículos na cidade, Compostela ronda as 100.000, A Coruña os 250.000, Pontevedra 55.000, Lugo 60.000, Ferrol 50.000 e Ourense 41.000.

As iniciativas das distintas administración son escasas na pretensión de reducir este grave problema e intensas na de incrementalo, como consecuencia dos plans de estradas que as distintas administración veñen propoñendo desde hai décadas. O último foi o tan publicitado Plan de Mobilidade e Ordenación Viaria Estratéxica 2010-2015 (Move) do goberno Feijoo, que pretendía duplicar as vías de alta capacidade de Galicia, desbaldindo 4.000 millóns de euros dos orzamentos públicos no transporte por estrada, o máis contaminante, o de maior impacto na configuración do territorio, o de maior consumo enerxético e o máis insolidario socialmente.

Ler máis...

Espazo Ecosocialista apoia a manifestación contra as fumigacións convocada para este domingo día 10 en Compostela

529773 272604932828995 145421070 nEspazo Ecosocialista non pode menos que sumar a súa voz ás máis de 40 organizacións sociais que compoñen a Plataforma Fumigacións NON. Opoñémonos radicalmente ao plan de ASPAPEL, a Xunta de Galicia e outras entidades relacionados co sector da madeira para fumigar dende o aire plantacións de eucaliptos co tóxico flufenoxurón, prohibido pola UE e que deixará de comercializarse a partir do 1 de agosto.

Alén da súa probada toxicidade sobre as persoas e outros seres vivos, o maior perigo ven da súa devastadora incidencia sobre as poboacións de abellas, xa de por si nun marcado declive no noso país. A ausencia de abellas afecta directamente os procesos de polinización, vitais para o desenvolvemento das plantas, incluídas as que sustentan a nosa alimentación.

Non é comprensíbel nin aceptábel que se xogue dun xeito tan irresponsable con elementos vitais para a supervivencia do conxunto dos ecosistemas, máis é dunha estulticia sen parangón que sexa a propia administración da Xunta de Galicia a que apoie e defenda un atentado medioambiental deste calibre.

Ler máis...

Espazo Ecosocialista aposta firmemente por unha economía sustentábel como saída á crise

manos unidasFaise necesario repensar a nosa sociedade cun novo paradigma no que é imprescindible a implicación social

Foi a ONU quen auspiciou o Día Mundial do Medio Ambiente que, neste 5 de xuño próximo, ten como eixo central a Economía Verde. Espazo Ecosocialista, analizamos e reflexionamos sobre o tema, non sen antes expresar o noso agradecemento e admiración por tódalas persoas e colectivos comprometidos activa e coherentemente na loita por unha sociedade ecolóxica no seu máis amplo sentido da palabra.

O medio ambiente desaparece nas crises. O primeiro que se desbota nelas, son as medidas para a sustentabilidade, substituíndoas por calquera acción que cheire a crecemento económico, non importa a súa irracionalidade. “Máis madeira!” que berrarían os irmáns Marx.

Nestes últimos 12 meses temos asistido a medidas e anuncios que non fan máis que confirmar a miopía -cando non franca estulticia- de moitos responsábeis da administración. Os exemplos son variados: desde o apoio con cartos públicos ás desfeitas urbanísticas como a de Barreiros (Lugo) ate o anuncio de fumigacións aéreas de eucaliptais con produtos recoñecidamente tóxicos. Incendios como o das Fragas do Eume van parellas á promoción dunha acuicultura industrial de enorme impacto ambiental. Os anuncios de investimentos en máis infraestruturas de transporte, nomeadamente estradas, como saída da crise acompañan á eliminación do apoio ás enerxías renovábeis. As subvencións ás enerxías fósiles lindan coa desaparición das políticas de educación ambiental. A entrega dos montes á industria papeleira vai parella á destrución do tecido rural, verdadeiro garante da nosa capacidade de alimentármonos, da nosa soberanía alimentar.

Ler máis...

transparencia e participación cidadá chaves para atallar a vaga de lumes

As políticas neoliberais e de abandono do monte son un elemento chave para as vagas de lumes agravadas polos recortes

ECoGal denuncia a falla de transparencia e a falla de recursos da Xunta de Galicia e esixe unha comisión no Parlamento

Compostela, 01 de abril de 2012.- EcoGaleguistas quere amosar o seu fondo pesar polo lume que neste momento esta a asolar as Fragas do Eume, paraíso natural e ben común natural dos galegos e das galegas.

Coas 750 hectáreas queimadas, recoñecidas pola Xunta de Galicia, xa son perto de 2.000 as hectáreas queimadas no que vai de ano onde un inverno especialmente seco, pode xerar nos próximos meses unha situación de alarma nacional.

Desde o movemento agrario e ecoloxista xa se ten demandado insistentemente unha política forestal que fomente un uso racional e sustentable dos montes, e que aposte polo aproveitamento dos produtos e servizos forestais locais, a repoboación con especies forestais autóctonas  e o fomento da produción de madeira de calidade. Todo elo no marco dunha política agraria de recuperación do rural galego.

Son as políticas neoliberais, impulsadas pola PAC, as que teñen desertizado o rural galego e con elo teñen provocado unha situación de desatención do monte que agora so se pode suplantar con grandes inversións en políticas de extinción de incendios. Inversións que, coa escusa da crise, non so se incrementan senón que se reducen tal como teñen denunciado os representantes dos traballadores forestais.

Para EcoGal a solución pasa pola revitalización do agro galego en base as pequenas explotacións sustentables e un sector agrario forestal que poida ser clave para o rexurdir dunha economía rural que revitalice o equilibrio económico e ecoloxico, humano e animal dos nosos montes.
 

Ler máis...

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?