O fracaso medioambiental e enerxético de SOGAMA sustentase nunha grande estafa económica

merda

ESPAZO aposta por un novo modelo sustentable diante do fracaso de SOGAMA

O anuncio da suba nun 35,5% do canon que paga cada Concello adherido ao Plan SOGAMA e o posterior pacto entre a Xunta e a FEGAMP para atrasar seis meses esa suba desmonta algúns mitos que cumpre precisar.

O primeiro é o mito de SOGAMA como opción con mellor relación custo/beneficio para tratar os residuos sólidos urbanos. SOGAMA sempre se vendeu como o mellor compromiso entre o custo económico e o “beneficio ambiental”. Unha mentira, reiteradamente denunciada polos colectivos ecoloxistas deste país, que agora queda exposta ante o conxunto da cidadanía.

Para Espazo Ecosocialista o canon inicial de SOGAMA foi sempre un prezo “político” para tentar asfixiar outras opcións de xestión de residuos e atraer o máximo número de concellos. A realidade é que SOGAMA se financia directamente dos nosos petos por dobre vía: unha mediante o canon aos concellos incluído no noso recibo do lixo e outra mediante as primas por produción de enerxía renovábel, outra falacia, incluídas nos recibos de electricidade de cada fogar ademais de periódicas achegas da administración para “melloras das instalacións” como é o proxecto de ampliación do vertedoiro. No momento que desaparecen esas primas vese a realidade da inviabilidade do sistema.

Ler máis...

A Xunta de Galicia debe dar explicacións sobre a paralización do Plano de Mobilidade Alternativo

ciclitas contra co2

O 7 de xaneiro de 2010 o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas anunciaba a licitación para a elaboración do Plan Director de Mobilidade Alternativa dotado con 340.000 € cuxo obxectivo era o fomento dos modos de transporte non motorizados a incorporación de obxectivos ambientais na planificación e ordenación do territorio e das infraestruturas. A modificación do reparto modal neste sentido será o obxectivo fundamental deste Plan Director de Mobilidade Alternativa.i

 

Adxudicado, entre outras , a Gea21ii tiña un período de execución de 2010 a 2012 repartido en diversas fases.

A primeira delas cumpriuse o 08/10/11 coa presentación do documento de diagnose.

Ler máis...

ICV, aliado de Espazo Ecosocialista, leva a sentenza do Prestige diante da Comisión Europea

Nunca Mais

Iniciativa per Catalunya Verds, aliado de Espazo Ecosocialista, levará a sentenza do Prestige á Comisión Europea

O eurodeputado de ICV adscrito ao grupo dos Verdes/ALE, Raül Romeva, trasladou a sentenza da Audiencia Provincial de Coruña á Comisión Europea despois de que tanto a administración e os 3 acusados quedasen absoltos dos delitos contra o medio ambiente e que só o capitán do petroleiro, Apostolos Mangouras, fose condenado a 9 meses por un delito de desobediencia grave á autoridade que nin sequera terá que cumprir polos seus 78 anos de idade. "Que mecanismos ten a Comisión para garantir que, por parte dos órganos competentes e responsables, esíxese o cumprimento da normativa comunitaria en termos de Responsabilidade Ambiental?", preguntou Romeva que tamén quere saber se a Comisión percorrerá a sentenza por incumprimento do principio "Quen contamina paga".

Ler máis...

O ‘turbocapitalismo’ xa amosou dabondo o seu rostro máis terrible

TheNewYorkTime Spain

No Día Internacional pola Erradicación da Pobreza (17.10.2013)

Espazo Ecosocialista considera que o ‘turbocapitalismo’ xa amosou dabondo o seu rostro máis terrible

A situación Social de Galicia é absolutamente dramática para unha boa parte dos seus cidadáns: máis de 650.000 galegos e galegas viven a día de hoxe por baixo do limiar da pobreza, máis de 91.200 fogares galegos teñen a tódolos seus membros en idade de traballar no desemprego, menos da metade dos demandantes de emprego en Galicia (341.105 persoas) cobran a prestación ou o subsidio.

Son datos dunha políticas auspiciadas polos grandes oligopolios e o capital especulativo, seguidos automatamente polos gobernos e que demostran que o ‘turbocapitalismo’ amosou o seu rostro máis terrible.

Ler máis...

Ecosocialistas contras as touradas

toros

Espazo Ecosocialista considera as administracións locais de A Coruña e Pontevedra como colaboradoras necesarias para este tipo de torturas

Espazo Ecosocialista quere amosar o rexeitamento da cidadanía ás touradas como espectáculo cruel e impropio dunha sociedade avanzada do século XXI. Para os ecosocialistas as torturas a animais non poden ser consideradas nin arte nin cultura e cre que as autoridades,en lugar de promocionaren as touradas, deberían tomar medidas para a súa supresión.

Para @s ecosocialistas existe unha responsabilidade clara das administracións locais de Pontevedra e A Coruña, así como as deputacións, ven polo seu financiamento directo coma no caso das deputacións ou no Concello de A Coruña, ven como no caso de Pontevedra facilitándoas e incorporándoas ao programa oficial das festas do verán.

Nun momento de crise coma o actual onde se recortan dereitos sociais básicos non se pode seguir a financiar espectáculos denigrantes con seres vivos que de outro xeito xa houberan desaparecidos.

Ler máis...

Novas da Europa Verde [*]

GEF seminar

 

[*] Ivan Rodríguez Lombadero, Coordinador Comarcal de A Mariña de Espazo Ecosocialista asistente ao seminario “Greening Europe: Toolkit for the European Green Activist”

 

Veño de asistir, como membro de Espazo Ecosocialista, a un seminario organizado pola Green European Foundation. Trátase dunha organización que traballa para desenvolver as ideas e propostas do Partido Verde Europeo, a través de foros, xornadas temáticas e seminarios de formación das persoas interesadas, militantes dos partidos nacionais ou simplemente activistas ecoloxistas.

O seminario “Greening Europe:Toolkit for the European Green Activist” tiña por obxecto amosar o funcionamento das institucións europeas -a capacidade e limitacións do Parlamento Europeo, os mecanismos de codecisión entre o Parlamento, o Consello e a Comisión- asi como as posicións dos diferentes grupos políticos respecto aos temas ambientais, e mesmo do curioso xogo de intereses partidarios e nacionais dentro deles.

Ler máis...

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?