A Coordinadora Galega pola Paz convoca concentracións unitarias diante dos concellos de Galicia o vindeiro Martes, día 15 de Xullo, ás 20:00 horas.

13750914773 38c0b72405 zA Coordinadora Galega pola Paz, unha rede da sociedade civil nacida con motivo da guerra de Irak en 2001, formada por ONGs, fundacións, partidos políticos e sindicatos, de carácter aberto e plural, quere manifestar publicamente o seu rexeitamento máis absoluto das accións xenocidas do goberno sionista de Israel en contra do pobo palestino, particularmente, en contra da poboación civil da franxa de Gaza.

Estamos diante da enésima violación da legalidade internacional e dos dereitos humanos máis elementais por parte do goberno israelí, nesta ocasión, contra dun territorio ilegalmente aillado e bloqueado no que viven millóns de persoas, un auténtico campo de concentración sometido periodicamente a accións militares unilaterais e desproporcionadas por parte dun Estado terrorista que provoca numerosas víctimas inocentes, especialmente, mulleres, anciáns e nenos.

Ler máis...

O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, tería que dimitir por dignidade

Espazo Ecosocialista Galego quere manifestar publicamente a súa satisfacción pola decisión inapelable do Tribunal Supremo de anular as axudas públicas que a Consellería de Educación da Xunta de Galicia concedeu a cinco centros privados de titularidade do OPUS DEI contra a opinión unánime da comunidade educativa galega e dos órganos de participación da mesma.

 En opinión de Espazo, “rectifica desta maneira o alto tribunal unha sentencia previa do TSXG que avalaba a financiación pública de centros educativos segregadores da coñecida como “educación diferenciada” e acepta a demanda interposta pola CIG Ensino en recurso de casación que impugnaba a Orde da Consellería do ano 2009”.

Espazo manifesta que o Conselleiro de Educación da Xunta de Galicia, Jesús Vázquez Abad,”si tivera un mínimo de dignidade, tería que ter presentada xa a súa dimisión, pois son xa demasiadas sentenzas as que impugnan as súas actuacións políticas nos últimos anos”.

Ler máis...

Día do Orgullo LGTBI, un día para celebrar a diversidade

4759727865 bcfdfb7e80 z

 O día do Orgullo é un día para celebrar a diversidade e o respecto a todas as persoas, pero tamén para recordar que existe discriminación e violencia e que non son recoñecidos os dereitos por manifestar unha identidade sexo afectiva e de xénero diferente a aquela que impón o modelo neoliberal patriarcal.Falamos de diversidades porque cremos no dereito das persoas de desenvolver todas as súas identidades sen ningún tipo de coacción. Porque só unha sociedade que se recoñeza diversa será xusta, igualitaria e libre.

Espazo quere recordar a oportunidade que se perdeu coa aprobación da Lei LGTBI da Xunta de Galicia. Malia establecer avances importantes en relación á situación actual, non protexe as persoas LGTBI da violencia e non acada, en suma, medidas suficientes para promover o respecto a toda a diversidade afectivo sexual e de xénero, porque o dereito a non discriminación é un dereito humano.

Espazo Ecosocialista anima a acudir ás rúa e participar nas diferentes manifestacións que están a convocarse pola nosa xeografía nesta celebración reinvidicativa.

Contra a LGTBIfobia, a destrución da natureza, o racismo e o eurocentrismo; contra as dinámicas socio e sexo-afectivas baseadas no poder, a xerarquización e a violencia. Proclamamos, mais que nunca, o Orgullo de seren diversas.

A cidadanía galega e do estado precisa máis democracia e menos coroacións

  • 14457744154 1c5c10f02a zPara Espazo os actos máis democráticos e constitucionais de hoxe van ser as manifestacións polo dereito a decidir se máis democracia, en forma de república, ou seguir retrocedendo no tempo, con máis monarquía.
  • O xa rei Felipe VI evidencia a súa nula vontade de escoitar á cidadanía, e a súa "cegueira" ante a realidade plurinacional do estado.
  • No día da coroación de Felipe VI, para Espazo Ecosocialista é un despropósito dar continuidade á restauración borbónica ideada por Franco, e se demostra a influencia que aínda ten a ditadura franquista na actualidade.

Ler máis...

No día Internacional do pobo xitano xustiza e non discriminación

dia xitanoAntes de que existiran outras minorías nacionais no noso país a comunidade xitana levaba centos de anos sendo discriminada política, económica e socialmente.

Ademais da discriminación da súa cultura e lingua, a comunidade xitana ten sido obxecto de discriminacións, marxinacións, persecución e exterminio.

Na actualidade so un 30% dos seus membros conseguen traballo, so un 15% dos mozos e mozas xitanas rematan o ensino secundario, conseguir unha vivenda é unha tarefa case imposible e sigue aplicándose políticas de 'guetificación' como no caso do Vao en Pontevedra.

Neste proceso de marxinalidade un sector dobremente afectado son as mulleres xitanas que ven como retroceden nas súas pequenas conquistas de emancipación.

A crise está ademais a servir de escusa para poñer en marcha políticas de criminalización e fomento do racismo por parte das autoridades e posterior recorte de dereitos e mesmo expulsións masivas.

Ler máis...

Espazo Ecosocialista cre necesario restablecer a democracia e asegurar a soberanía en Ucraína

  • b42b7- 40568031 ucrania mapa- O goberno de Vítor Yanukóvich non era precisamente un modelo de democracia e de respecto polos dereitos humanos. A isto cabe engadir a corrupción xeralizada do réxime e o feito de non consultar ao pobo sobre un tema tan central como bascular cara Europa Occidental ou cara Rusia, nun país plurinacional cunha división nacional clara, e onde os intereses económicos, políticos, xeoestratéxicos, estaban e están moi presentes por parte da Unión Europea e de Rusia.
  • - O derrocamento violento de Yanukovich no Maidan contou co apoio da UE e dos EE.UU, cegos e cómplices coas milicias armadas de carácter neonazi que impuxeron os seus criterios con crueldade, mesmo ministros no novo goberno. Non foron moi respectuosos coa legalidade internacional e coa defensa dos dereitos humanos ou cos valores cívicos e democráticos. Non sorprende, polo tanto, que a UE e os EE.UU esquezan estes pequenos detalles ou que Rusia non acepte o golpe de estado como forma de cambiar un goberno. Ambos comportamentos políticos non son admisíbeis en democracia, cos defectos que esta teña.

Ler máis...

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?