Ampliar a democracia é a cuestión central que demanda a cidadanía

dereito a decidir todo

 A radicalidade democrática é un dos elementos centrais do documento político para o debate da II Asemblea Nacional de Espazo Ecosocialista

Espazo Ecosocialista cre que a necesaria reforma electoral debe ir na liña de ampliar a democracia e non reducir o número de escano no parlamento galego.

Para Espazo Ecosocialista a proposta de recorte de escanos no parlamento galego proposto polo Partido Popular entra dentro da estratexia de recorte da democracia e do autogoberno que a dereita sigue desde que chegou ao poder entendendo que o descontento dos recortes sociais so poden ser controlados cun recorte de liberdades públicas.

Ler máis...

Ecosocialistas rexeitan a posible intervención exterior en Siria

guernica-picasso

Espazo Ecosocialista cre que existen demasiados intereses en facer fracasar o proceso de emancipación cidadá iniciado coas primaveras arabes

Espazo Ecosocialista considera que a situación que neste momento vive Siria e a rexión é o suficientemente grave como para que as iniciativas internacionais que se tomen vaian encamiñadas cara a paz e non cara a unha nova intervención militar que agravaría a situación, aumentaría o sufrimento da poboación e consolidaría as posicións extremas no conflito.

Máis de dous anos de guerra civil en Siria, deixan, por agora, 100.000 mortos e aproximadamente 2 millóns de desprazados. Sen contar cos miles de feridos e as desfeitas causadas nas infraestruturas, nos monumentos artísticos ou no medio ambiente.

Informes independentes diversos, desde hai anos, denuncian atrocidades a utilización de armamento químico por ambos bandos. As imaxes coñecidas agora, difundidas polos opositores ao réxime de El Asad, amplificadas polos medios occidentais, amosan o horror da guerra, con independencia das armas utilizadas e as vítimas, maioritariamente nenos e nenas, mulleres e anciáns, é dicir, a poboación civil indefensa, o principal obxectivo militar nunha guerra moderna.

A comunidade internacional, pero sobre todo, os estados membros do Consello de Seguridade da ONU, son os principais provedores de material bélico aos bandos en conflito, tamén do químico. Detrás de cada bomba, de cada morteiro, de cada morto, está unha das potencias que usan e abusan das Nacións Unidas, cada día máis inútil.

Ler máis...

A Radicalidade democrática como elemento clave dun novo proceso constituínte

lierdade

Desde ESPAZO dirixirase ás forzas políticas e sociais para propor a necesidade dunha alianza democrática ampla e formulará diversas iniciativas a traves do grupo parlamentar de AGE

Presentará mocións para mellorar a participación democrática nos concellos e mocións de autodisolución nas deputacións

Espazo Ecosocialista presenta un informe sobre radicalidade democrática que formula a superación do modelo actual

Espazo Ecosocialista presentou hai días unha campaña para abrir un novo proceso constituínte para o  século XXI na que advertía que non estamos soamente asistindo a un crise financeira senón global e que no noso caso os casos de corrupción política transversais non so reflicten corrupción económica senón política e ética dun ‘réxime’ con grandes eivas democráticas, esgotado no seu armazón xurídico-institucional e cunhas elites hexemónicas desde hai varias décadas e que se fai necesario ‘xubilar’.

Espazo Ecosocialista como proxecto fundamentalmente propositivo, lonxe unicamente de rexeitar a grave situación que estamos a vivir, aposta por tomar a iniciativa das propostas.

Coincidindo coa campaña ‘por un novo proceso constituínte para o  século XXI’ Espazo Ecosocialista presenta un ‘informe sobre ‘radicalidade democrática e participación cidadá’.

Tratase dun informe traballado durante un longo período, que bebe das propostas da Iniciativa BenComún sobre Radicalidade Democrática de xuño do 2011, que despois tivo un débate aberto durante as xornadas de ‘novas ideas para o século XXI’ que Espazo Ecosocialista celebrou en Oleiros durante abril do 2012 e durante os últimos meses foi implementado con diversas aportacións e aprobado na Coordinadora Nacional de Espazo Ecosocialista.

Ler máis...

Encontro Alternativas sobre Libertades e Radicalidade DemocrátiCa

 

Lugar: Teatro Principal. (Gomez Charino, 6. PONTEVEDRA)

Data: Luns 15 de outubro de 2.012

Hora : 20,30 horas

Presenta: Abel Fernandez, Coordinador da area de liberdades de Espazo Ecosocialista.

Interveñen:  

  • Chus Bóo. Coportavoz de Espazo Ecosocialista e Candidata de AGE por Ourense          
  • Xoán Hermida, Coordinador e Portavoz de Espazo Ecosocialista e candidatos de AGE por Pontevedra
  • Joan Saura i Laporta, ex-Conseller de Interior, Relacións Institucionais e Participación da Generalitat da Catalunya, President de Iniciativa Per Catalunya Verds (ICV)

Ecosocialistas considera necesaria superar a 'fenda dixital' para avanzar na democratización nas redes e na igualdade de oportunidades

software   libreEspazo Ecosocialista presenta un informe con propostas lexislativas en novas tecnoloxías

Os vindeiros 18 e 19 de outubro terá lugar en Compostela a “Libre Software World Conference 2012”, o maior evento que se desenvolverá no estado, con ampla repercusión e participación internacional.

A proximidade do evento fainos reflexionar sobre a importancia do emprego das novas tecnoloxías e ao mesmo tempo aportar propostas de futuro.

É indubidábel o impacto transversal que as novas tecnoloxías da información e comunicación teñen na nosa vida cotiá, tanto a nivel individual como colectivo, e no conxunto de tódolos ámbitos de actividade.

A realidade amosa que namentres o seu emprego medra de xeito exponencial nas sociedades ou núcleos máis desenvolvidos, outra parte da sociedade ten dificultades de acceso, o que provoca o coñecido como “fenda dixital” que aumenta na cidadanía as diferenzas sociais, económicas, xeracionais, profesionais, formativas...

Segundo Espazo Ecosocialista compételle á administración pública remover as dificultades, e estas non se limitan á posibilitar o acceso. A responsabilidade de asegurar a formación e capacitación caen tamén no seu ámbito de competencias. O mesmo que a definición e o desenvolvemento de ferramentas para asegurar a protección dos dereitos dixitais da cidadanía.

Ler máis...

EcoGaleguistas valora como clave para a rexeneración democrática a mobilización dos indignad@s durante este ano

531281 279744755447478 110343642387591 630167 1677292968 n

Para EcoGaleguistas existe un antes e un despois do movemento de indignad@s que o 15 de maio de hai un ano sacou ás prazas a milleiros de persoas.

Un movemento que situou con forza a necesidade de denunciar que a gobernanza global esta en mans dos oligopolios e polo tanto que participamos dunha democracia que ten 'as cartas marcadas' e por outra facer fincapé que o cambio vira dado por dinámicas de resistencia e mobilización pacificas hexemónicas que abranguen 'ao 99% da poboación afectada pola crise sistémica fronte a un 1% beneficiada por ela'.

No aniversario deste movemento que ten coincidido cun esgotamento do armazón político-institucional saído da transición, os EcoGaleguistas valoran positivamente o seu papel neste ano, onde tiveron que plantar cara aos sectores máis reaccionarios da sociedade e facerse un oco na axenda política e social.

 

Ler máis...

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?