Presentación en Pontevedra do filme 'O segredo da frouxeira'

O próximo xoves 24 de xaneiro presentase en Pontevedra do documental ‘o segredo da frouxeira’

 Este filme, coprodución de EAF producións e TVG, dirixido por Xosé Abad, aborda parte do noso pasado máis oscuro, necesario manter na noso memoria historica e colectiva en tempos de crecente totalitarización da vida pública coma os que vivimos.

 A proxección e posterior debate será o próximo xoves 24 de xaneiro ás 20,00 horas no Teatro Principal de Pontevedra.

 O acto está organizado polo Ateneo de Pontevedra, Esquerda Unida e Espazo Ecosocialista, coa colaboración da Asociación Fuco Buxán.

Presentación do segredo da frouxeira

 

O debate das adicacións no concello de Pontevedra amosa unha actitude de corporativismo

Pleno

 

Espazo Ecosocialista de Pontevedra expresa a preocupación coa imaxe que os nosos políticos locais están a dar o que en tempos de sufrimentos de moitas persoas o único que fai é acrecentar o descrédito que a política ten entre a cidadanía.

A imaxe ofrecida, primeiro, no pleno da corporación do concello de xullo cando se suprimiron as dedicacións salariais aos concelleiros do PP e, posteriormente, a xudicializacion do asunto por Jacobo Moreira debería facer saltar tódalas alarmas sobre o grao de degradación política ao que estamos a asistir no noso concello.

Diante desta ruptura de consenso entre as tres forzas do concello ao respecto das adicacións exclusivas dos membros da corporación, os ecosocialistas se preguntan coma é posible que en 13 anos o único, ou case único, consenso acadado polas forzas presentes no concello sexa a referida unha tras outra lexislatura ao reparto de liberacións e aos salarios dos nosos concelleiros. Situación que parecería cómica senón fose pola situación de emerxencia na que vivimos.

Ler máis...

Espazo Ecosocialista en Pontevedra propón unha intervención integral na zona de orillamar

autovia de marin

 

Espazo Ecosocialista considera que a zona máis próxima ao río Lérez, que coincide co tramo entre a ponte dos Tirantes e a ponte do Burgo necesita un Plano de Intervención Integral de rehabilitación. Máis concretamente segundo sinala o seu portavoz Xoán Hermida 'entre a ponte de Santiago e a do Burgo existe a ambos lados un problema de abandono urbanístico con promesas feitas durante anos e aínda agora non cumpridas'.

Para o grupo local de Espazo Esococialista trataríase de desenvolver unha proposta integral que dera resposta á situación de abandono, ademais de ser un proxecto que desenvolvería radialmente cara á periferia da cidade o modelo de recuperación de espazos para as persoas. Ademais de actuar como dinamizador dunha zona degradada pola falla de actuación do goberno municipal.

Ler máis...

Espazo Ecosocialista aposta pola saída de Ence-Elnosa da ría de Pontevedra e alerta sobre posibles recualificacións que permitan a especulación sobre os terreos

autovia de marin

Os EcoGaleguistas esixen a revogación da AAI e apoian a mobilización da APDR

Espazo Ecosocialista considera inaprazable por máis tempo a saída do complexo Ence-Elnosa da ría de Pontevedra e por iso apoia a convocatoria da marcha que este sábado 2 de xuño, como tódolos anos, convoca a APDR.

ENCE e as autoridades competentes deben cumprir a sentenza do Tribunal Supremo que admite parcialmente un recurso da APDR contra o acordo de supramunicipalidade asinado pola Xunta de Galicia no ano 2003 e poñer en marcha o proceso de saída da empresa pastera da súa actual ubicación sen esperar ao limite do 2018.

Nese senso é necesario a paralización do proceso de renovación da Autorizacións Ambientais Integradas (AAI) a ENCE seguido baixo o criterio de supramunicipalidade agora cuestionado pola sentenza.

Ler máis...

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Espazo Pontevedra

Equipo Coordinación Comarcal:

  • Ana Isabel González Varela  (Coordinadora Comarcal)
  • Jose Antonio Ramírez Amor  (Coordinador Comarcal)
  • Silvia Rodriguez Fontan
  • Sara Ramirez Abal
  • Adele Cardarelli
  • Xoán Hermida González

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?