Espazo Ecosocialista insta ao Concello de Pontevedra a asumir o copago sanitario e a non seguir desmantelando as políticas sociais

recortes non

Espazo Ecosocialista considera que o goberno municipal de Pontevedra debe seguir o exemplo doutros concellos de esquerda, incluídos outros gobernados para o BNG, e compensar o copago imposto polo Goberno de Feijoo nalgúns medicamentos. Como di Xavier Vence: o espírito Riotorto

Para o grupo de ecosocialistas de Pontevedra o alcalde que alardeou de insubmiso cando foi de pagar as extras dos funcionarios non pode agora non asumir unha decisión que afecta á maioría social.

Non valen as escusas de non competencia cando se ten invertido millóns de euros na construción dun estadio para un club privado que tampouco é competencia municipal.

Ler máis...

Espazo Ecosocialista presentou a súa proposta de modelo económico para Pontevedra e a súa comarca

TheNewYorkTime Spain

O grupo Comarcal de Pontevedra de Espazo Ecosocialista presentou hoxe nunha comparecencia aos medios un documento-guión que sexa o marco de proposta económica e social  de Espazo para o concello e a comarca de Pontevedra no que leva traballando dous meses.

O documento está actualizado polo informe ARDAN 2013 que viu a luz hai duas semanas, elaborado polo Consorcio Zona Franca de Vigo, cuxos datos se incorporan ao documento de Espazo Ecosocialista e que marcan un panorama económico e social preocupante de falla de produción de riqueza e emprego en toda Galicia, pero sobre todo nas comarcas de Vigo e Pontevedra.

Para os ecosocialistas a situación é moi grave tanto en creación de riqueza como de emprego. Segúndo os datos Pontevedra pasa de cuarta a quinta comarca en creación de riqueza (3,7% VAB), cedendo o posto a Ourense, e en canto a situación laboral a taxa de ocupación esta por debaixo do 45%.

Ler máis...

A asemblea de Pontevedra define os seus novos obxectivos

video forum Ponte

Ecosocialistas farán unha campaña de divulgación na rúa e nas parroquias

Espazo Ecosocialista de Pontevedra fai balance do curso político e marcase novos obxectivos propositivos e mobilizadores

A Asemblea de Espazo Ecosocialista de Pontevedra xuntouse este mércores 3 de xullo para facer balance do traballo realizado durante o curso 2012-2013 e marcar as liñas de actuación para o próximo curso.

Entre o traballo realizado Espazo Ecosocialista presentou no concello de Pontevedra, Poio, Marín e Soutomaior unha moción para o seu debate en pleno sobre sustentabilidade e cambio climático. Ademais no concello de Pontevedra presentáronse mocións sobre Radicalidade Democrática e transparencia e outra sobre Servizos Sociais.

Ler máis...

Instan ao Concello de Pontevedra a apostar pola banca ética

catan ético

EcoSoGal considera positivo que o concello se solidarice cos afectados das preferentes

Espazo Ecosocialista cre que o concello de Pontevedra debe ir máis aló apostando pola banca ética

Espazo Ecosocialista Galego (EcoSoGal) valora positivamente o acordo do pleno da corporación pontevedresa de cancelar as súas contas en Nova Galicia Banco e pide que se vaia máis aló seguindo as propostas feitas na súa moción de radicalidade democrática, pendente de debate, sobre a aposta por ter as contas en Banca Ética, como parte da Compra Pública Responsable.

Ler máis...

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Espazo Pontevedra

Equipo Coordinación Comarcal:

  • Ana Isabel González Varela  (Coordinadora Comarcal)
  • Jose Antonio Ramírez Amor  (Coordinador Comarcal)
  • Silvia Rodriguez Fontan
  • Sara Ramirez Abal
  • Adele Cardarelli
  • Xoán Hermida González

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?