RBI Compostela

1488301 255698424587689 527560648 n

Espazo Ecosocialista Galego, a pé de rúa por unha Renda Básica

ESPAZO inicia en Santiago de Compostela unha campaña de información a pé de rúa sobre a iniciativa europea a prol da Renda Básica Incondicional (RBI), na procura de acercala á cidadanía galega, facilitando asemade a sinatura on line.

O obxecto desta iniciativa é pedir á Comisión Europea que incentive a cooperación entre os Estados membros co obxectivo de explorar a Renda Básica Incondicional (RBI) como ferramenta para mellorar os seus respectivos sistemas de seguridade social.

Ler máis...

Radicalidade democrática para o concello de Compostela

Manolo compos

Espazo Ecosocialista presentou unha moción sobre radicalidade democrática e participación para o seu debate no pleno do concello de Santiago de Compostela

A iniciativa no marco da campaña de Espazo Ecosocialista pola radicalidade democrática fai fincapé nos mecanismos de participación que son fundamentais para o control da actividade do goberno local por parte da cidadanía

Espazo Ecosocialista presentou no rexistro do Concello de Santiago de Compostela unha moción sobre participación cidadá e transparencia para o seu debate polo pleno do Concello

Coincidindo coas novas imputacións a concelleiros da corporación municipal, Espazo Ecosocialista rexistrou no día de hoxe a moción sobre participación e transparencia con puntos a desenvolver no Concello compostelán.

Esta Moción enmarcase na campaña sobre Radicalidade Democrática e Participación Cidadá que puxo en marcha Espazo en febreiro deste ano. As ecosocialistas presentaron o seu informe sobre ‘Radicalidade Democrática e Participación Cidadá’ como base propositiva da campaña que Espazo está a impulsar por un ‘novo proceso constituínte para o século XXI’ e polo que se están a manter reunións con máis de medio centenar de organizacións sociais, e políticas.

Ler máis...

Conversa con ... Daniel Espiñeira (Som Energia)

son energia

 

No marco das ‘conversas con …’ que o Grupo de Espazo Ecosocialista da Comarca de Compostela realiza mensualmente toca unha cita coas enerxías alternativas.

Data: Venres 19 de abril

Hora: 20,00 horas

Lugar: Sede Nacional de Espazo Ecosocialista. Praza Sofía, 3. Fontiñas. Santiago de Compostela.

Evento en Facebook: https://www.facebook.com/events/438350219583971/

Formato: Charla-Coloquio.

Ler máis...

Para Espazo Ecosocialista a situación caótica do Concello de Compostela é o maior exemplo de onde nos leva a vella política

Rexistro Compos

Espazo Ecosocialista presentou unha moción sobre sustentabilidade e cambio climático para o seu debate no pleno do concello de Santiago de Compostela

Hoxe representantes de Espazo Ecosocialista achegaronse ao rexistro do Concello de Compostela para presentar unha moción sobre cambio climatico e sustentabilidade para que sexa debatida polo pleno do concello.

Non obstante a situación do concello non pasou desapercibida para os representantes de Espazo Ecosocialista.

Os representantes de Espazo Ecosocialista cren que o espectáculo bochornoso que está a dar o equipo de ‘desgoberno’, así como a falla de propostas na oposición amosan unha situación caotica e son o maior exemplo de onde nos leva a vella política e os vellos partidos, máis interesados en resolver as súas liortas internas que en traballar polo ben común, como pon de manifesto a situación dos concellos de Santiago e Ames. Os gobernos do PP nestas localidades parecen máis interesados en dar cobixo a persoas e aos seus intereses particulares que en buscar solución ás cuestións de interese xeral.

Ler máis...

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Espazo Compostela

Equipo Coordinación Comarcal

  • Pepa Faraldo Valles (Coordinadora Comarcal)
  • Aitor Maiora Zaldivar (Coordinador Comarcal)
  • Xan Duro Fernandez
  • Xurxo Bertola Rodriguez
  • Manuel Dios Diz
  • Tino Freire Pallin
  • Carmen Castro Villares
  • Francisco X. Lorenzo Penela

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?