Mugardos participativo

MugardosEspazo Ecosocialista de Mugardos convoca a unha xornada para o coñecemento de experiencias de participación cidadá.

Maica Rodríguez Freire, como politóloga xestora de proxectos de implantación cidadá.

Xosé Luis López Gudín, como ex-concelleiro e veciño de San Sadurniño, onde actualmente funciona un regulamento de participación cidadá e uns orzamentos participativos.

Veciños da comisión de seguimento dos Orzamentos Participativos de Ferrol, achegando a súa experiencia no caso departamental.

Pilar Candocia, como concelleira de Ames e membro de Ames Novo, un proxecto político cooperativo.

Café-Tertulia sobre a migración en Ferrol

O Grupo Comarcal de Espazo Ecosocialista de Ferrolterra organiza unha nova sesión de café-tertulia.

Nesta ocasión o tema a tratar será sobre problematicas e solucións para as persoas migrantes a cargo da avogada Teresa Bustamante, do presidente da asociación Lazos, Carlos Varela, e da representante do Foro da Inmigración, Susana Alaniz.

O acto celebrarase o venres 8 de novembro a partir das 21,30 horas na Cafeteria Zucre de Ferrol.

tertulia ferrol

 

Folga Xeral Comarcal 12 de xuño: Ferrolterra esixe solucións

ferrolterra

Se existe unha comarca golpeada con dureza polas políticas económicas e sociais postas en marcha polas distintas administracións está é a comarca de Ferrolterra.

Desde a década dos oitenta estase a enfrontar a numerosos problemas, debido ao declinar do sector naval, o traslado da flota a Rota, e a falla de políticas capaces de impulsar un tecido produtivo máis diverso.

Todo comeza coa primeira reconversión (1984) que pretendia pechar Astano, sen basearse en criterios técnicos algúns. Foi a administración socialista a que deu o pistoletazo para levar ao abismo a comarca de Ferrolterra. Foron moitas as promesas de reindustrialización da comarca de Ferrol, adicáronse inxentes cantidades de diñeiro público a empresarios para que instalaran as súas empresas. Para elo valéronse de organismos públicos: Fondos de Promoción de emprego, Zona de Urxente Reindustrialización, Zona Industrial en Declive e agora o Plan Ferrol.

Ler máis...

O concello de Ferrol debatira unha moción en defensa dos Servizos Sociais

Rolda ferrol

Rolda de prensa aos medios (23-04-2013), donde se presesenta a moción refundida, en "contra da Reforma da Lei de Bases de Réxime Local e pola Defensa duns Servizos Sociais Públicos", de Esquerda Unida (Ferrol) Suso Bestarrechea e a de Espazo Ecosocialista (Ferrol) Lucia Vizoso

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Estase a falar moito dos efectos que sobre o funcionamento dos concellos e sobre as adicacións dos concelleiros e alcaldes terá a Lei de Racionalización e Sustentabilidade da Administración Local, pero pouco se fala do impacto que terá sobre os Servizos Sociais que practicamente desmantelaranse ou sobre os seus profesionais que deixaran de ser municipais e poderán estar sometidos a recortes de plantillas ou a mobilidade laboral.

Diante disto, Espazo Ecosocialista unha campaña informativa que contara coa presentación de MOCIÓNS nos concellos e levará o tema ao Parlamento Galego a través do Grupo Parlamentar de AGE.

O pasado 22 de abril Espazo Ecosocialista presentaba unha Moción no rexistro do Concello de Ferrol que posteriormente se refundiu cunha moción presentada por EU e que será debatida nun próximo pleno.

Ler máis...

Espazo Ecosocialista considera imprescindible levantar o veto á construción civil no naval

Navantia

 

EcoGaleguistas cre que o futuro de Navantia é fundamental para o emprego e a economía da comarca de Ferrolterra

Navantia, empresa pública participada ao 100% pola Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI), é referencia a nivel nacional e internacional, capaz de competir con outros asteleiros do mundo en prezo, calidade e prazos de entrega. Como proba, o acordo asinado con Noruega para a construción de 5 fragatas, que supuxo case 10 anos de traballo e unha facturación de 1.100 millóns de €, en competencia cós mellores asteleiros, sendo ate aquel momento o maior contrato de exportación militar en España.

Para os EcoGaleguistas a calidade na producción de Navantia quedou acreditada cando no ano 2007 se fixo cun dos maiores contratos internacionais de construción de buques militares, impoñéndose a asteleiros como o estadounidense Gibbs & Cox ou o francés DCN. Referímonos ao acordo asinado con Australia para a construción de 2 megabuques e o deseño de tres destrutores, que significou un contrato de 1.300 millóns de €. A experiencia en artefactos OFF SHORE, a especialidade na REPARACIÓN DE BUQUES e actividade desenvolvida pola FÁBRICA DE TURBINAS, aportan coñecemento dabondo para despexar calquera dúbida acerca das posibilidades competitivas diante aos mellores asteleiros do mundo.

Ademais de ser unha referencia a nivel mundial, Navantia é un pilar fundamental para a economía da comarca. En Ferrolterra a construción naval representa o 40% dos empregos do sector industrial. No ano 2011 en Navantia Fene-Ferrol traballaron unha media de 5.500 persoas, entre a plantilla principal e a da Industria Auxiliar, e creáronse preto de 12.000 empregos complementarios, dito doutra maneira, a plena ocupación dos asteleiros da traballo a máis de 17.000 traballadores na comarca. No ano 2010 case o 3.5% do emprego de toda a provincia de A Coruña xerouse en Navantia, e a súa produción supuxo o 3% do PIB da provincia.

Ler máis...

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?