Espazo Ecosocialista considera imprescindible levantar o veto á construción civil no naval

Navantia

 

EcoGaleguistas cre que o futuro de Navantia é fundamental para o emprego e a economía da comarca de Ferrolterra

Navantia, empresa pública participada ao 100% pola Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI), é referencia a nivel nacional e internacional, capaz de competir con outros asteleiros do mundo en prezo, calidade e prazos de entrega. Como proba, o acordo asinado con Noruega para a construción de 5 fragatas, que supuxo case 10 anos de traballo e unha facturación de 1.100 millóns de €, en competencia cós mellores asteleiros, sendo ate aquel momento o maior contrato de exportación militar en España.

Para os EcoGaleguistas a calidade na producción de Navantia quedou acreditada cando no ano 2007 se fixo cun dos maiores contratos internacionais de construción de buques militares, impoñéndose a asteleiros como o estadounidense Gibbs & Cox ou o francés DCN. Referímonos ao acordo asinado con Australia para a construción de 2 megabuques e o deseño de tres destrutores, que significou un contrato de 1.300 millóns de €. A experiencia en artefactos OFF SHORE, a especialidade na REPARACIÓN DE BUQUES e actividade desenvolvida pola FÁBRICA DE TURBINAS, aportan coñecemento dabondo para despexar calquera dúbida acerca das posibilidades competitivas diante aos mellores asteleiros do mundo.

Ademais de ser unha referencia a nivel mundial, Navantia é un pilar fundamental para a economía da comarca. En Ferrolterra a construción naval representa o 40% dos empregos do sector industrial. No ano 2011 en Navantia Fene-Ferrol traballaron unha media de 5.500 persoas, entre a plantilla principal e a da Industria Auxiliar, e creáronse preto de 12.000 empregos complementarios, dito doutra maneira, a plena ocupación dos asteleiros da traballo a máis de 17.000 traballadores na comarca. No ano 2010 case o 3.5% do emprego de toda a provincia de A Coruña xerouse en Navantia, e a súa produción supuxo o 3% do PIB da provincia.

Ler máis...

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Espazo Ferrolterra

Equipo Coordinación Comarcal

  • Lucia Vizoso Amado  (Coordinadora Comarcal)
  • Bernardo Lorenzo Cuetara (Coordinador Comarcal)
  • Anxo Otero Fernandez (Vicecoordinador Area Interna)
  • Amparo Gines Dominguez (Vicecoordinadora de Comunicación)
  • Cesar Pena Leira (Mugardos)
  • Cesar Daniel Castro García (Fene)
  • Manel Cardoso Santiago (Ares)
  • Susana Alanid González (Ferrol)

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?