A asemblea de Espazo Ecosocialista en Vigo aposta por procesos de confluencia arredor da Marea de Vigo e de AER Redondela

marea vigoA Asemblea Comarcal de Espazo Ecosocialista de Vigo ratificou a súa decisión de apoiar a Marea de Vigo e AER de Redondela como os espazos sobre os que se debe vertebrar os procesos de confluencia cara as municipais.

Espazo Ecosocialista Galego ten manifestado reiteradamente o seu apoio sen ambivalencias ás plataformas cidadás que a través de ferramentas radicalmente democráticas, como as listas abertas á cidadanía, programa de elaboración participativa ... supoñan un claro e profundo cambio socio político que devolva a cidadanía o papel protagonista dun auténtico estado democrático de dereito.

Dende que o pasado mes de agosto a Marea de Vigo publicou o seu manifesto, a plataforma ten amosado cumprir sobradamente con eses criterios, e amosado as formas e modelos precisos para afrontar o cambio.

 

Ler máis...

Espazo Ecosocialista presentou no Concello de Redondela un dossier sobre os graves problemas do barrio da Portela

SAM 0104Tras a xuntanza mantida por responsables de AGE coa veciñanza do barrio da Portela, ao que asistiu o deputado autonómico Juan Fajardo, Espazo Ecosocialista de Redondela vai dar un paso máis na defensa dos intereses da veciñanza desde barrio maltratado pola Xunta de Galicia e esquecido polo goberno municipal.

Os responsable de Espazo Ecosocialista en Redondela que recordar que a veciñanza da Portela vive condicionada por problemas medio ambientais e de saúde ambiental graves que a Xunta de Galicia e o concello de Redondela deben resolver.

Ler máis...

En defensa da veciñanza da Portela de Redondela

A portelaRodeados por varias liñas de alta tensión de 3ª e 2ª categoría ao que se quere engadir un transformador entre as casas e o parque infantil, con ruídos de empresas limítrofes, transportes de alta capacidade pasando arredor das súas casas en tramos sen sinalizar, abandono do mantemento do parque, escaseza de servizos de limpeza,…

A veciñanza da Portela en Redondela vive condicionada por problemas medio ambientais e de saúde ambiental graves que a Xunta de Galicia e o concello de Redondela deben resolver.

Ler máis...

O desleixo da Xunta e do Concello de Vigo arrasou o Lagares

lagaresO pasado día 22 Espazo Ecosocialista Galego, por mor do Día Internacional da Auga facía pública unha nota na que reclamaba unha mudanza radical na xestión dos recursos hídricos.

Lamentabelmente, poucas horas despois consumouse no río Barxa un verquido, posibelmente de orixe química que arrasou co 100% da fauna no río Lagares, sen avaliar aínda os danos na flora e as súas posíbeis repercusións no entorno incluíndo a propia Ría de Vigo.

Un caso máis, non por iso menos grave, que demostra a criminal irresponsabilidade das persoas e/ou empresas responsábeis do verquido e o desleixo das distintas administracións corresponsábeis da xestión dos nosos ríos, tanto na prevención como na persecución deste tipo de delitos, frecuentes nas nosas augas continentais.

Ler máis...

A mutilación de Samil: o alcalde quere impedir a recuperación do areal

PaseoSamilA licitación para a concesión da licenza de explotación da parcela onde se atopa na actualidade o restaurante Jonathan, tería como efecto a consolidación do muro de Samil impedindo a recuperación do areal e das súas dunas.

A construción do paseo foi controvertida dende o seu inicio, cando en 1969 Portanet ordenara a súa construción. No ano 1970, un grupo de persoas, entre as que se pode citar a Valentín Paz-Andrade, os Álvarez-Blaquez ou Eduardo Blanco Amor fixo público un manifesto no que chamaban á defensa de Samil denunciado a mole de cemento. O que non impediu o seu lento pero imparábel desenvolvemento.

Con Abel Caballero na Alcaldía apróbase o Plan Xeral de Ordenación Municipal, que como non podía ser menos, mantén esencialmente as mesmas ideas en torno a Samil que as que reflicten, cun gran consenso polo menos formal, os numerosos documentos redactados con anteriores corporacións, sobretodo na época de Lois Castrillo de alcalde e Xabier Toba como concelleiro de urbanismo (avance de planeamento, plan estratéxico, etc) e as intervencións nos moitos debates que constan nas actas da Xerencia de Urbanismo e do Pleno do Concello.

Ler máis...

A asemblea ecosocialista de Vigo renova o seu equipo coordinador e aproba a constitución do equipo local de Redondela

grupo vigoA asemblea comarcal de Vigo de Espazo Ecosocialista celebrada hoxe serviu para facer balance da actividade do partido neste último ano onde valorouse moi positivamente o traballo político e de consolidación levado adiante polo grupo de traballo saínte encabezado por Modesta Regueira e Manuel Hermo e onde pasouse de 4 a 39 membros e onde se abordaron campañas a favor da renda básica, políticas de transparencia no concello de Vigo, nova política de auga, radicalidade democrática, políticas sociais, defensa de Porto Cabral ou de do río Lagares.

A asemblea Comarcal ratificou a constitución do Equipo Local de Redondela e elixiu un Equipo Coordinador Comarcal que quedou conformado por

  • Manuel Hermo Verisimo. Coordinador Comarcal
  • Belén Marquez Rodríguez. Coordinadora Comarcal
  • Manuel Xosé Lorenzo Penela. Vicecoordinador de Política Municipal
  • Charo Romero Baamonde. Vicecoordinadora de Política de Igualdade e feminismo
  • Julio Fernández González. Vicecoordinador de Política Social
  • Francisco Sobral Crespo. Vicecoordinador do equipo local de Redondela
  • Conchi Riobó García. Vocal

Óscar Cordero Santamaria. Vocal

Noé Covelo Míguez. Vocal

Ademais a asemblea marcou a axendas prioritarias para os próximos meses, entre as que se encontran temas relacionados con orzamentos participativos, software libre, problemáticas medioambientais de Vigo e Redondela, e o traballo nas eleccións europeas.

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?