Acto sobre feminismo e republicanismo en Vigo

Muller e Republica

 

O grupo de Espazo Ecosocialista en Vigo organiza o próximo venres 19 de abril un acto sobre feminismo e republicanismo. Que mellor data que entre o 14 de abril (proclamación da II republica española) e o 25 de abril (inicio da revolución portuguesa).

Para Espazo Ecosocialista o feminismo, como emenda ao modelo patriarcal, e o republicanismo, como expresión da participación cívica da cidadanía nunha democracia sustentada sobre o interese pola cousa pública, na igualdade e a fraternidade, na laicidade e no respecto ao diferente; son dous dos piares sobre os que se debe asentar o necesario novo proceso constituínte.

Ler máis...

Espazo Ecosocialista denuncia a mercantilización da auga no Concello de Vigo

90387 NpAdvHover

Espazo Ecosocialista rexeita a privatización deste prezado ben común e alerta sobre a presunta ligazón entre privatización e corrupción

A auga é un elemento central da vida e como tal cumpre unha función ambiental e social básica, facendo parte do ben común do conxunto dos seres vivos que habitamos este planeta. A presión que o uso industrial, agrícola e doméstico exerce sobre a súa dispoñibilidade aumenta sen control, parellos aos problemas de potabilización e depuración intrínsecos ao noso modelo de consumo de auga.

A xestión da auga abrangue multitude de elementos que cumpre teren en conta para enfrontar o seu uso desde a óptica da sustentabilidade: a conservación dos ecosistemas húmidos tanto como fontes de extracción como de recepción, a calidade e eficiencia no subministro, a optimización da depuración, un control rigoroso dos usos industriais, agrícolas e persoais e o traballo permanente de fomento do aforro e a eficiencia no seu desfrute.

Como xestionemos todos estes elementos, tanto desde o punto de vista da apropiación como do verquido, afecta directamente á calidade do noso medioambiente e definirá invariablemente o grao de sustentabilidade da nosa sociedade.

Ler máis...

Encontro Social para repensar alianzas e alternativas

O próximo sábado 26 de xaneiro celebrase en Coia-Vigo un Encontro de Movementos Sociais.

O encontro promovido por AGE-Vigo pretende servir de espazo de reflexión, [re]coñecemento e construcción de alternativas no concepto dunha nova interpretación da política onde sexan os movementos sociais os que plantexen as súas demandas e propostas e onde os partidos sexamos exclusivamente o necesario interface.

543434 10200152211078164 332352469 n

 
Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Espazo Vigo

Equipo Coordinación Comarcal

Belen Marquez Rodriguez (Coordinadora Comarcal)

Manuel Hermo Verisimo (Coordinador Comarcal)

Charo Romero Baamonde (Vicecoordinadora area igualdade)

Manuel Xosé Lorenzo Penela (Vicecoordinador area municipal)

Julio Fernandez González (Vicecoordinador area movementos sociais)

Fran Sobral Crespo (Vicecoordinador Redondela)

Oscar Cordero Santamaria

Conchi Riobó García

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?