A mutilación de Samil: o alcalde quere impedir a recuperación do areal

PaseoSamilA licitación para a concesión da licenza de explotación da parcela onde se atopa na actualidade o restaurante Jonathan, tería como efecto a consolidación do muro de Samil impedindo a recuperación do areal e das súas dunas.

A construción do paseo foi controvertida dende o seu inicio, cando en 1969 Portanet ordenara a súa construción. No ano 1970, un grupo de persoas, entre as que se pode citar a Valentín Paz-Andrade, os Álvarez-Blaquez ou Eduardo Blanco Amor fixo público un manifesto no que chamaban á defensa de Samil denunciado a mole de cemento. O que non impediu o seu lento pero imparábel desenvolvemento.

Con Abel Caballero na Alcaldía apróbase o Plan Xeral de Ordenación Municipal, que como non podía ser menos, mantén esencialmente as mesmas ideas en torno a Samil que as que reflicten, cun gran consenso polo menos formal, os numerosos documentos redactados con anteriores corporacións, sobretodo na época de Lois Castrillo de alcalde e Xabier Toba como concelleiro de urbanismo (avance de planeamento, plan estratéxico, etc) e as intervencións nos moitos debates que constan nas actas da Xerencia de Urbanismo e do Pleno do Concello.

Ler máis...

A asemblea ecosocialista de Vigo renova o seu equipo coordinador e aproba a constitución do equipo local de Redondela

grupo vigoA asemblea comarcal de Vigo de Espazo Ecosocialista celebrada hoxe serviu para facer balance da actividade do partido neste último ano onde valorouse moi positivamente o traballo político e de consolidación levado adiante polo grupo de traballo saínte encabezado por Modesta Regueira e Manuel Hermo e onde pasouse de 4 a 39 membros e onde se abordaron campañas a favor da renda básica, políticas de transparencia no concello de Vigo, nova política de auga, radicalidade democrática, políticas sociais, defensa de Porto Cabral ou de do río Lagares.

A asemblea Comarcal ratificou a constitución do Equipo Local de Redondela e elixiu un Equipo Coordinador Comarcal que quedou conformado por

  • Manuel Hermo Verisimo. Coordinador Comarcal
  • Belén Marquez Rodríguez. Coordinadora Comarcal
  • Manuel Xosé Lorenzo Penela. Vicecoordinador de Política Municipal
  • Charo Romero Baamonde. Vicecoordinadora de Política de Igualdade e feminismo
  • Julio Fernández González. Vicecoordinador de Política Social
  • Francisco Sobral Crespo. Vicecoordinador do equipo local de Redondela
  • Conchi Riobó García. Vocal

Óscar Cordero Santamaria. Vocal

Noé Covelo Míguez. Vocal

Ademais a asemblea marcou a axendas prioritarias para os próximos meses, entre as que se encontran temas relacionados con orzamentos participativos, software libre, problemáticas medioambientais de Vigo e Redondela, e o traballo nas eleccións europeas.

O 'pato' PPPSOE en Vigo ou ensaiando a Grosse Koalition

caballero vigoO PP-PSOE ven de certificar en Vigo o que hai tempo resulta evidente, o desenvolvemento de políticas cara a proteción dos seus únicos e exclusivos intereses. O “pato” para a aprobación dos orzamentos de 2014 na nosa cidade non deixa lugar a dúbida.

Baixo a escenificación de acordos políticos polo ben e interese xeral, e cun espectacular dominio da demagoxia, agóchase única e exclusivamente intereses persoais por unha banda; e partidistas, coa vista nas vindeiras eleccións locais, por outra.

Unha cidade que pechou o ano 2103 co maior índice de desemprego de Galiza, porcentaxe que segundo os últimos datos, segue subindo e se sitúa, ao pechar febreiro en 35.000 persoas, ou case 70.000 na área de influencia.

Unha cidade, no que o último e demoledor informe Ardan, elaborado polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, e que pon as cousas no seu sitio, para aquelxs que continúan a pensar na comarca de Vigo como unha comarca de creación de riqueza e só por poñer un exemplo, e que non sirva para fomentar estériles competencias localistas: a comarca de Vigo xerou o 18,43 % do valor engadido do total das empresas de Galiza, entanto a comarca da Coruña xerou o 42%.

Ler máis...

A cidade de Vigo necesita uns verdadeiros orzamentos inversores

vigo

Critica aos grupos municipais de estar máis preocupados pola sua posicion de cara as eleccions que polos intereses da cidadanía

O pasado mércores día 23, o pleno do pleno do Concello de Vigo aprobou co apoio do Partido Popular, o único punto da orde do día, a modificación orzamentaria Núm. 1/2014, mediante crédito extraordinario.

A nova foi anunciada como a aprobación do plano de inversións, cando na realidade é algo ben diferente. É necesario subliñar que o Concello de Vigo non ten, neste momento, plano de inversións, xa que este é un documento que forma parte do orzamento da entidade, e que debe ser presentado, debatido e aprobado anualmente polo pleno.

O concello, coa responsabilidade directa do señor alcalde, xa que a el lle corresponde formar e presentar o orzamento, non ten orzamento aprobado, nin sequera presentado o proxecto para o 2014, estándose a traballar co orzamento prorrogado do ano 2013, e é ese plano de inversións o que se está a modificar, aínda que sexa plurianual. Ademais disto, e como di o punto da convocatoria da sesión plenaria [1], a modificación orzamentaria presentada o é mediante o procedemento de crédito extraordinario.

Ler máis...

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Espazo Vigo

Equipo Coordinación Comarcal

Belen Marquez Rodriguez (Coordinadora Comarcal)

Manuel Hermo Verisimo (Coordinador Comarcal)

Charo Romero Baamonde (Vicecoordinadora area igualdade)

Manuel Xosé Lorenzo Penela (Vicecoordinador area municipal)

Julio Fernandez González (Vicecoordinador area movementos sociais)

Fran Sobral Crespo (Vicecoordinador Redondela)

Oscar Cordero Santamaria

Conchi Riobó García

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?