Espazo Ecosocialista anima a participar nas primarias da Marea Atlántica pensando no proxecto común e non nos intereses de parte

marea coruñaO Equipo Coordinador de Espazo Ecosocialista de A Coruña quere animar á cidadanía de A Coruña a participar masivamente nas primarias da Marea Atlántica co fin de que o resultado poida ser unha candidatura gañadora e con vocación de cambio político.

Nese senso cre que Xulio Ferreiro é a persoa idónea para encabezar un proxecto gañador como o que debe representar a Marea Atlántica.

Por outra banda quere deixar claro, diante dalgunhas noticias aparecidas nos medios de comunicación, que ningún membro de Espazo Ecosocialista de A Coruña forma parte da candidatura 14 de abril.

Ler máis...

Espazo Ecosocialista sumase á manifestación contra as touradas en A Coruña e esixe que se pare a financiación deste tipo de ‘espectáculos’

antitouros

A Asemblea Comarcal de Espazo Ecosocialista de A Coruña quere animar aos seus amigos e simpatizantes a participar na manifestación de maña domingo 5 de Outubro (que sairá ás 12 horas desde O Obelisco) convocada pola plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas; a Asociación Animalista Libera e a Fondation Franz Weber.

Espazo Ecosocialista quere amosar o rexeitamento da cidadanía ás touradas como espectáculo cruel e impropio dunha sociedade avanzada do século XXI. Para os ecosocialistas as torturas a animais non poden ser consideradas nin arte nin cultura e cre que as autoridades,en lugar de promocionar as touradas, deberían tomar medidas para a súa supresión.

Ler máis...

A asemblea de Espazo Ecosocialista de A Coruña elixe Equipo Coordinador e referenda o seu apoio a Marea Atlántica

marea atlanticaA Asemblea Comarcal de Espazo Ecosocialista de A Coruña celebrada o 9 de setembro marcou as liñas de traballo do novo curso político que vai estar centrado nas próximas eleccións municipais que para os ecosocialistas terán un marcado caracter político, como parte do necesario proceso constituínte que leve a unha democracia máis avanzada, e de parte do necesario proceso de recomposición da esquerda.

Ademais serviu para elixir o Equipo Coordinador Comarcal que quedou composto por:

  • - Maite Bustamente (Coordinadora Comarcal)
  • - Xacobe Abel Fernández (Coordinador Comarcal)
  • - Begoña Graña
  • - Manuel Cobas
  • - Cristina Cabanelas
  • - Daniel Amor (Sada)
  • - Ramón Bouzas (Betanzos)

A Asemblea referendou a aposta de Espazo polas mareas cidadás e en particular pola Marea Atlántica de A Coruña.

Ler máis...

Espazo asina o "Compromiso por unha A Coruña libre de touradas"

sinatura compromiso contra touradas coruña

De cara as vindeiras eleccións municipais, Espazo Ecosocialista manten o seu compromiso en defensa dos animais e en contra das touradas. 

En A Coruña a Plataforma Galicia Mellor Sen Touradas (GMST) ven desenvolvendo un intensísimo traballo con continuas campañas denunciando o apoio institucional dende o Concello á celebración das touradas coincidenco coas festas de María Pita. Esas campañas e iniciativas contan co apoio de Espazo dende os nosos comezos na cidade.

Ler máis...

Manuel M.Barreiro falará na Coruña sobre Radicalidade democrática o xoves 28 de novembro

EEG - acto manolo m barreiro

Dende o Espazo Ecosocialista Galego comezamos na Coruña un ciclo de actos baixo o título " É posible outra política?", co esta primeira conferencia-coloquio sobre radicalidade democrática a cargo de Manuel Martínez Barreiro, analista político e unha das voces galegas máis interesantes sobre a situación política da esquerda en Galicia.

O acto se celebrará o vindeiro xoves 28 de novembro de 2013, ás 19:30 horas, na sala de actos da Asociación Cultural Alexandre Bóveda (rúa Olmos 16-18. 1º andar)

Solidariedade coa presidenta de Vela Luz

xuizo a velaluz

Espazo Ecosocialista Galego na comarca da Coruña súmouse á concentración de apoio da presidenta da Asociación Vela luz de Violencia de Xénero, Gloria Vázquez, imputada por revelación de segredos nun caso de maltrato no que ademáis están afectados menores, e que vai ser xulgada hoxe na Audiencia Provincial da Coruña. Rachemos o silenzo. Apoiemos as vítimas.

Ler máis...

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Espazo A Coruña

Equipo Coordinación

  • Maite Bustamante Fernández (Coordinadora)
  • Xacobe Abel Fernández (Coordinador)
  • Begoña Graña Suarez
  • Manuel Rodriguez Cobas
  • Cristina Cabanela Loira
  • Daniel Amor García
  • Ramón Manuel Bouza Tobio

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?